As familias do Rosal xa desfrutan do Espazo Crianza, o proxecto impulsado polo Concello para brindar ás familias un lugar de encontro e acompañamento durante o crecemento dos seus fillos e fillas. 13 bebés e 6 mulleres embarazadas foron as primeiras usuarias que aproveitaron este servizo para informarse e aprender sobre o desenvolvemento infantil, así como para resolver inquedanzas para unha crianza libre de prexuízos e culpas. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, afirma que “estamos moi contentas coa boa acollida do servizo por parte da veciñanza”, e lembra que a participación neste espazo é de balde. As persoas interesadas deberán facer unha inscrición previa enchendo un documento (premer aquí) e entregándoo no Concello, tanto en Rexistro como á educadora familiar.
Este Espazo era “unha demanda habitual nas familias” e xurdiu coa intención de “axudalas a crecer de maneira sa cos que seus pequenos e pequenas cun servizo próximo e de calidade”. Para a rexedora este servizo tamén é un xeito de facer do Concello un lugar máis inclusivo e accesible para as familias. “Un paso máis no noso camiño cara un O Rosal para todos e para todas”, conclúe Ánxela Fernández.
Estes encontros, nos que se aborda unha educación libre, activa e respectuosa, están divididos en grupos dependendo da idade dos nenos e nenas. Por un lado, hai acompañamento prenatal dirixido a futuros pais e nais xestantes a partir da semana 28 de embarazo, con sesións quincenais os mércores de 10 a 11 horas que comezarán o vindeiro 6 de outubro. Tamén se implementaron dous grupos para acompañar ás familias no desenvolvemento integral do seu bebé, dependendo do seu desenvolvemento motor e cognitivo. Así, hai un grupo para bebés de 0 a 6 meses e outro de 6 a 12 meses. Tamén será unha sesión quincenal, a primeira foi o mércores 13 de outubro en horario de 10.00 a 11.00 e de 11.30 a 12.30 h, respectivamente.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL