A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou este martes as actividades que a institución provincial organiza para promover a provincia de Pontevedra en Fitur 2018 e que terán lugar o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, ás 12.00 no Pavillón 9. Este ano, a Deputación escolleu o lema "Somos historias" e a marquesa e activista María Vinyals, nada no Castelo de Soutomaior, como fío condutor para facer o relato e promover desde as emocións todo o patrimonio da provincia de Pontevedra.
Silva destacou que "novamente imos a Madrid cunha idea moi innovadora, cun novo xeito de descubrir a provincia de Pontevedra e da man, ademais, dunha muller incrible. Se no 2016 a protagonista foi a arquitectura contemporánea e no 2017 o camiño portugués, este ano será o Patrimonio co valor engadido de que o 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural".
Baixo o lema "Somos Historias" a Deputación de Pontevedra propón que todas as persoas coñezan a provincia de Pontevedra a través do patrimonio xa que, en palabras da presidenta, "posuímos un considerable e singular patrimonio monumental e histórico xunto a unha grande riqueza de recursos de interese cultural, natural e histórico o que nos converten nun territorio atractivo para todas aquelas persoas que fan das visitas culturais a motivación principal das súas viaxes de ocio, tal e como comprobamos nas enquisas de visitantes que realizamos todos os meses".
Escapada: Como chegar ao mellor banco do mundo?
Amais, Silva tamén puxo en valor o marcado carácter estratéxico para o noso destino do turismo cultural, de baixa estacionalidade e cun gasto medio do e da turista superior á media. "Para que vos fagades unha idea –destacou a presidenta- as persoas turistas nacionais que veñen á provincia motivados pola cultura gastan de media ao día 68 euros fronte aos 29 euros das que proveñen motivados polo sol, praia, natureza, os 36 euros dos e das que veñen pola enogastronomía ou os 54 euros dos e das visitantes por negocios; e se temos en conta ás persoas estranxeiras interesadas pola nosa cultura o gasto medio diario é de 102 euros fronte, por exemplo, aos 76 euros daquelas que chegan para gozar do sol, praia ou natureza".
A presidenta recordou que este 2018 foi declarado "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" debido ás súas características como "recurso para o futuro, cun incuestionable valor educativo e social, cun grande potencial económico e unha grande dimensión en cooperación". Tamén destacou Silva que o 2018 será o ano no que "o Castelo de Soutomaior complete a súa musealización, feito que marcará un antes e un despois na xestión e dinamización deste importante recurso turístico da nosa provincia". Ao respecto, a presidenta provincial destacou que desde hoxe estará pechado o castelo para iniciar as obras de musealización que rematarán en abril.
A declaración do 2018 como "Ano Europeo do Patrimonio" é unha oportunidade para dar a coñecer que a provincia de Pontevedra é un multidestino, internacional e desestacionalizado cun variado patrimonio cultural. E, para trasladalo, a Deputación de Pontevedra preparou para Fitur 2018 unha curtametraxe "que vai sorprender moitísimo" protagonizada pola actriz Patricia Torres, "unha muller da nosa provincia que descubre a María Vinyals e, a través do coñecemento da súa figura, todo o que oferta a provincia de Pontevedra. Amais, o vídeo tamén plasma o xeito no que a propia actriz, mediante o descubrimento da figura de Vinyals, chega a rematar sentíndose como a propia marquesa", adiantou a presidenta da Deputación.
Sobre a selección da figura de María Vinyals para protagonizar esta actividade promocional, Carmela Silva destacou que "resulta moi doado xustificalo xa que falamos dun referente cultural e grande precursora en diferentes disciplinas, que naceu no Castelo de Soutomaior e realizou unha importante tarefa para que o recinto pasase de ser un edificio defensivo a ser un espazo de intercambio cultural e creativo así como de protección cultural e natural de todo o conxunto".
Vinyals tamén "era unha grande viaxeira e unha grande coñecedora da nosa provincia e a través da súa figura imos poñer en valor todos os nosos recursos, todo o noso patrimonio cultural e natural". A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que "da man de Patricia Torres, desta María Vinyals do século XXI, imos facer unha 'history telling', un relato desde as emocións contando unha historia que non vai deixar a ninguén indiferente, e que marcará o pistoletazo de saída á campaña turística que durará todo o ano e xirará arredor do patrimonio". A este respecto, Carmela Silva desvelou que "a imaxe da campaña tomará como base un elemento patrimonial moi local pero tamén moi universal: O labirinto de Mogor, unha das estacións rupestres máis reproducidas e analizadas de toda Galicia con presenza, amais, noutras civilizacións ao longo da historia, e que ao longo do 2018 iremos coñecendo e desvelando". Sobre o labirinto, Silva informou que será presentado en Fitur como símbolo de historia, cultura, paisaxe e lenda.
A curtametraxe e a presentación do símbolo do labirinto irán acompañadas dunha caixa que incluirá, tal e como informou Silva, un caderno coa imaxe do Castelo de Soutomaior e produtos elaborados en base á camelia, a flor que ten tanta presenza nos seus xardíns, polo alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, CIFP A Granxa de Ponteareas e do IES Montecelo tamén de Pontevedra, encargado das caixiñas e dos paquetes nas que incluiremos galletas e nubes de camelia.
Reportaxe: En que escenarios podería rodarse a serie 'Game of Thrones' en Pontevedra?
A campaña que arranca con motivo de Fitur 2018 ten como protagonistas o patrimonio fortificado (representado por torres e castelos como os de Soutomaior, Sobroso, Salvaterra, Cambados, Monterreal en Baiona, a fortaleza de Goián en Tomiño ou as Torres Vikingas de Catoira), o patrimonio arqueolóxico (con xacementos galaicos como Santa Tegra na Guarda, O Facho de Cangas, A Lanzada en Sanxenxo, Alobre en Vilagarcía, Castrolandín en Cuntis e Monte do Castro en Ribadumia), o patrimonio paisaxístico (representado por xardíns como os do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía, Soutomaior, Lourizán en Pontevedra, e Quiñones de León en Vigo, o xardín botánico de Caldas de Reis, o Pazo de Oca na Estrada e o miradoiro da Cabaleira en Redondela e o da Peneda en Soutomaior), o patrimonio literario (dando a coñecer a provincia como fonte de inspiración para Valle Inclán en Vilanova de Arousa, Emilia Pardo Bazán en Mondariz e Sanxenxo, María Vinyals en Soutomaior e Julio Verne en Redondela e Vigo), o patrimonio relixioso e espiritual (a través do Mosteiro de Carboeiro en Silleda, da Catedral de Tui, do Mosteiro de Poio, do Mosteiro de Armenteira en Meis, do Mosteiro de Aciveiro de Forcarei, Mosteiro de Oia e cemiterios singulares como o de Santa Mariña de Dozo en Cambados), o patrimonio inmaterial (nos que daremos conta de mitos, lendas e tradicións como as dos xerais da Ulla de Vila de Cruces, A Estrada e Silleda; a Romaría Vikinga de Catoira, as danzas tradicionais do Morrazo, Castrodeza en Lalín e na comarca, a Rapa das Bestas da Estrada, a Arribada de Baiona, as alfombras de Ponteareas, A Reconquista de Vigo e a Feira Franca de Pontevedra), o patrimonio natural (a desembocadura do Miño na Guarda, O Rosal e Tomiño, as Illas Cíes en Vigo, o complexo intermareal do Ulla-Umia no Grove, Sanxenxo, Meaño e Cambados, a serra do Candán en Forcarei e o Parque Barosa de Barro) e o patrimonio etnográfico e cultural (desde a Praza da Peregrina ata o Museo de Pontevedra, o Museo Arabo, o Museo do viño de Cambados ou o Pazo-Museo Quiñones de León en Vigo).
A través destes recursos "estamos a presentar unha oferta desestacionalizadora e de interese no mercado internacional, é dicir, en liña coas directrices do Plan Estratéxico de Turismo, e completamos aos produtos consolidados de sol, praia e gastronomía, dando a coñecer aos e ás potenciais turistas que ofrecemos produtos moi diferenciados, espallados por toda a xeografía, abrindo espazos de colaboración cos concellos e amparándoos baixo o paraugas da marca Rías Baixas, da marca Pontevedra provincia", destacou Silva.
Xunto a esta presentación do destino Rías Baixas, a institución provincial vai apoiar aos concellos de Pontevedra, que dará a coñecer o Campionato do Mundo de Triatlón, e ao de Vigo, que promove a candidatura de Cíes como Patrimonio da Humanidade. Tamén manterá unha reunión coa asociación da “Ruta dos fenicios,” xa que en novembro do 2018 a provincia de Pontevedra acollerá a súa Asemblea Estatal. Finalmente, e tamén no marco de Fitur, a Deputación vai participar na "Noite Q". Neste evento, a institución recollerá os tres distintivos Q de Calidade, os dous que renovan as oficinas do Palacete das Mendoza e Armenteira e novo que acadou a oficina de información turística do aeroporto de Peinador.
Escapada: Descobre a beleza dos Muíños do Folón e do Picón
A presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para facer balance turístico do 2017. "Foi un ano récord – informou Silva- que superou con creces os resultados que víñamos obtendo nos últimos dez anos".
Máis polo miúdo, durante o 2017 a ocupación media anual provincial superou o 48%, 3 puntos por riba que o acadado ao longo do 2016 e 14 puntos máis que o obtido no 2015. Silva destacou que ao longo do 2017 "houbo picos que rozaron o 83% entre xuño e setembro, 5 puntos máis que o acadado no verán do 2016, e porcentaxes tamén moi elevadas nas pontes". Amais, "tivemos máis peregrinas e peregrinos que nunca, con 60.000 persoas que percorren o camiño portugués, un 43% máis que o último xacobeo, e que significa que un de cada cinco camiñantes a Santiago escollen o itinerario que cruza a provincia de sur a norte".
A presidenta da Deputación tamén destacou que "o 36% dos viaxeiros e viaxeiras que chegaron a Galicia no 2017 correspóndese con persoas que estiveron na provincia de Pontevedra, uns datos moi positivos se temos en conta que no 2016 a porcentaxe situábase no 30%. En resumo, máis persoas na provincia e máis tempo, xa que tamén medrou a estancia media do turismo e tamén o gasto por habitación ata un 11%".
Carmela Silva informou que, de cara ao 2018, "agardamos que estes resultados se sigan mantendo. De feito, organismos como Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, augura que este ano a actividade turística en todo o territorio estatal medrará un 3,3% e diferentes especialistas sitúan a Rías Baixas como un dos lugares máis especiais para facer turismo do mundo".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL