O Bloque Nacionalista Galego demanda medidas urxentes para evitar o colapso sanitario da área sanitaria de Vigo. Así o defenderán nunha moción que se someterá a debate no Pleno do Concello de Vigo que se celebrará este mércores, 29 de setembro.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou como as políticas de recortes e privatización aplicadas na última década pola Xunta do Partido Popular converteron a área viguesa na “zona cero” da desfeita sanitaria. Unha realidade que exemplificou na imposición dun modelo privatizado no novo hospital Álvaro Cunqueiro, o recorte das prestacións no Hospital do Meixoeiro, a redución á metade do proxecto de novo centro de saúde de Bouzas, unha grave e estrutural falla de medios humanos no conxunto da Atención Primaria, así como os efectos dun concerto especial con Povisa que impón "unha sanidade desigual e precaria" para unha parte importante da poboación da área de Vigo.
Esta situación veuse agravada polos efectos derivados da pandemia de coronavirus que, segundo o edil nacionalista, “fixeron saltar as costuras dunha rede sanitaria enfraquecida até o extremo, agravando inda máis se cabe, as súas insuficiencias, cun gravísimo impacto tanto na poboación, que padece a desatención e unha merma da calidade asistencial, como dos e das profesionais sanitarias, que son obxecto dunhas condicións laborais insoportábeis e unha crecente precariedade”.
Igrexas alertou do “risco máis que real de colapso da Atención Primaria” na que os centros de saúde da área de Vigo contan con apenas o 50% do seu persoal médico, rexistrándose demoras dunha media de quince días para unha cita, e co conxunto do persoal sanitario, técnico e administrativo dos centros de saúde, ao límite da súas forzas.
Desde o BNG denuncian, ademais, que a non substitución de persoal por vacacións e mesmo por situacións de incapacidade temporal, é xestionada polo Sergas derivando a atención ao resto do persoal do mesmo centro ou trasladando pacientes duns centros de saúde a outros, nun proceso que se traduce nunha sobrecarga permanente, que se agravou durante o verán pola falla de reforzos.
“O enorme traballo realizado polo persoal sanitario e o seu compromiso a favor da saúde das persoas está a ser recompensando polo Sergas cun continuado maltrato e desatención, que está a conducir a Atención Primaria, que é espiña dorsal da rede sanitaria, a un punto límite”, advirte o portavoz municipal nacionalista.
Para paliar este “desastre inducido” que padece á área sanitaria de Vigo, desde o Bloque demandan na súa moción un plan de choque para o reforzamento da Atención Primaria (dotado con 200 millóns de euros); reforzar a contratación de persoal en todas as categorías e cubrir as substitucións; incorporar profesionais da psicoloxía clínica, logopedia e terapia ocupacional en Atención Primaria así como alargar a carteira de servizos de enfermería e fisioterapia; incrementar de maneira sostida o orzamento sanitario a nivel galego no obxectivo de atinxir o 25% do orzamento total da Xunta de Galiza; Normalizar a atención presencial en todos os centros de saúde garantindo os medios humanos, materiais e organizativos necesarios; rescatar a concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro para o converter nun hospital de xestión cento por cento pública e promover a absorción na rede sanitaria pública do centro médico Povisa; dotar de máis medios o Punto de Atención Continuada (PAC) de Pizarro e a creación na cidade de outros dous novos PAC, en Teis e a contorna de Coia-Navia, incluíndo persoal especializado para a atención de urxencias pediátricas; recuperar a dotación asistencia prevista no proxecto inicial de centro de saúde de Bouzas, con 6 consultas de medicina de familia, pediatra e traballadora social; e promover a construción de novos centros de saúde na cidade para desconxestionar a rede asistencial de Atención Primaria.
Outra das cuestións recollidas na moción nacionalista é a “gravísima situación” que se vive no servizo de ambulancias do 061. Neste sentido, Igrexas esixiu que se “investigue até o final e se depuren responsabilidades” polo falecemento dun doente mentres era trasladado, o pasado 16 de setembro, nunha ambulancia mobilizada polo 061 que non contaba con asistencia sanitaria. Desde o Bloque reiteran que é urxente reforzar con “medios propio” a dotación absolutamente insuficiente do 061 en Vigo, que conta con 6 ambulancias de soporte vital básico en horario diurno, tres en horario nocturno e dúas de soporte vital avanzado, e demandan que se deixen de facer “reforzos puntuais con empresas que non garanten os medios nin o persoal para prestar asistencia sanitaria en ruta”.
A moción do BNG tamén propón que o Pleno acorde “o apoio institucional do Concello de Vigo á manifestación convocada na cidade pola Xunta de Persoal do Área Sanitaria de Vigo para o xoves 30 de setembro chamando expresamente á cidadanía viguesa a participar da mesma”.
“É hora de esixir tamén nas rúas que a Xunta do Partido Popular deixe de xogar coa nosa saúde e coas nosas vidas, poñendo fin ás políticas de recortes e privatización”, afirmou Igrexas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL