O Concello de Nigrán abre ata o 2 de febreiro (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 20.00 horas (en caso de choiva se posporá ao día 16 de febreiro). Nesta edición repartiranse 3.000 euros entre os doce primeiros clasificados, a diferencia do ano pasado no que eran 9 os premiados. Así, o gañador percibirá 600 € seguidos de 500 €, 400 €, 350 €, 300 €, 250 € e seis premios de 100 €. A maiores, cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas e veciñais do municipio percibirán unha dotación adicional de 300 euros tan só por participar.
As bases mantéñense coma o ano anterior, así, as agrupacións deben contar cun número de participantes superior aos 20 membros, dos cales un mínimo de dez terán que ser adultos. Para poder optar aos premios é requisito indispensable inscribirse previamente no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas) coa documentación pertinente (ficha de inscrición cuberta, fotocopia do CIF ou DNI, certificado de conta bancaria ou xustificante de estar ao corrente tanto en Facenda coma na Seguridade Social).
O Concello mantén a súa aposta de celebrar o desfile á noitiña e polo centro urbano. Así, este terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 20.00 horas partindo da rúa Telleira, percorrendo Rosalía de Castro ata a estrada do Ceán, sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios. Se a previsión meteorolóxica fose adversa para ese día o desfile trasladaríase para o sábado 16 de febreiro (abriríase un novo prazo de inscrición ata o día 15).
O sorteo da orde de saída celebrarase o luns 5 de febreiro no salón de plenos municipal ás 12.00 horas. O xurado, pendente da súa designación, terá en conta para a concesión dos galardóns a orixinalidade, o vestiario, a actuación e o número de participantes de cada comparsa. Pode quedar deserto algún premio e de haber menos comparsas que premios o número destes axustaríase.
As bases están a disposición dos interesados na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello, no Departamento de Cultura, no Facebook Concello de Nigrán ou na web municipal.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL