A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou este pasado venres que a Área Rexurbe de Tui poderá beneficiarse das axudas á rehabilitación de maior importe. A conselleira visitou esta mañá o ámbito que foi declarado polo Consello da Xunta o pasado 9 de setembro e explicou que en moitas das liñas de axudas á rehabilitación que impulsa o Goberno galego se establecen compensacións e complementos por ter declarada unha Área Rexurbe.
A de Tui, sinalou a conselleira, é a primeira que se declara na provincia de Pontevedra e a cuarta de Galicia, polo que os concellos teñen un exemplo en cada provincia para sumarse a esta liña de actuación coa que recuperar o patrimonio edificatorio nos seus municipios.
Así, Ángeles Vázquez indicou que a Área Rexurbe é unha figura prevista na Lei de rehabilitación galega co obxectivo de identificar ámbitos de intervención no medio urbano que debido ao seu estado de degradación arquitectónica, de declive socioeconómico ou polas súas especiais características necesitan unha maior implicación das administracións para lograr a súa revitalización integral.
Isto significa que Tui abre a porta a poñer en marcha toda unha serie de medidas transversais coas que acadar unha revitalización efectiva e integral do devandito ámbito. É dicir, ademais de promover a rehabilitación edificatoria e urbanística do ámbito, tamén se prevén medidas de dinamización social, demográfica e económica no conxunto da área identificada.
A Área Rexurbe tudense abarca máis de 135.000 metros cuadrados, todo o conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural e tamén outras zonas da súa contorna, como o Paseo da Corredoira, Bispo Lago e Martínez Padín N-550. No ámbito hai identificados máis de 360 edificios dos cales 67 están nun estado malo, ruinoso ou deficiente.
Non obstante, a conselleira Vázquez indicou que “coa declaración da área non se acaba ao traballo, senón todo o contrario comeza”, pois agora o Concello debe elaborar un plan de dinamización da súa Área Rexurbe. Trátase dun instrumento de planificación que debe incluír un programa plurianual no que se integren, concreten e coordinen as actuacións tanto públicas como privadas coas que se quere lograr a rexeneración destes ámbitos.
Lembrou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo, en colaboración coa Universidade de Santiago e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, elaborou un modelo para servir como guía, polo que está a disposición do Concello, así como o IGVS está a disposición da administración local para axudalos e asesoralos tecnicamente neste plan. Engadiu que os municipios nos que exista esta figura tamén deberán contar cun centro de rexeneración urbana de interese autonómico —os chamados centros Rexurbe—, que fará de punto de información, asesoramento, xestión, seguimento e difusión da área co obxectivo de impulsar as actuacións necesarias para lograr a súa revitalización.
Por último, a conselleira de Medio Ambiente argumentou que Tui “é un concello cun alto nivel de compromiso coa rehabilitación”. Recordou que no ano 2001 declarouse unha área de rehabilitación integral (ARI) no Casco Vello, cuxo ámbito de intervención está incluído dentro do da Área Rexurbe; e ademais forma parte da ARI dos Camiños de Santiago, de carácter supramunicipal.
Tamén se beneficiou do Programa Rexurbe, unha iniciativa do Goberno galego coa que se adquiren inmobles en estado de abandono ou semiabandono para rehabilitalos con fins residenciais e posteriormente destinalos a vivendas en réxime de alugueiro social. Así, no ano 2019 comprouse un edificio por 100.000 euros e na deste ano, actualmente en fase de valoración, recibíronse seis ofertas de particulares interesados en vender os seus inmobles por un importe estimado de uns 630.000 euros.
Adiantou que o orzamento reservado de 2021 para a compra de edificios en Tui era de 250.000 euros, pero a Xunta ampliará a contía inicial ata chegar ao orzamento necesario.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL