A exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, chega ao Campus de Vigo. Así, ata o vindeiro 10 de febreiro, as persoas interesadas en coñecer a participación e o papel da muller no mundo do mar poderán visitar a mostra no Edificio de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
“Sustentabilidade en feminino” chega a Vigo tras o seu paso pola Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. De feito, foi neste Campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para visibilizar o papel da muller e a súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.
A mostra, que poderá visitarse na Facultade de Ciencias do Mar ata o vindeiro 10 de febreiro, está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.
Tras o seu paso polo Campus de Pontevedra e de Vigo, a exposición chegará nos vindeiros meses ao Campus de Ourense e ao Museo Massó, aínda que tamén está aberta a empresas, fundacións, asociacións e concellos que así o soliciten á Deputación de Pontevedra, co obxectivo de espallar o papel realizado polas mulleres en relación á economía e cultura marítima.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL