Na primavera, a Universidade de Vigo lanzou unha iniciativa pioneira en todo o panorama universitario español que ten por obxectivo recoñecer cun distintivo as escolas, facultades e centros de investigación máis igualitarias. Das 11 candidaturas recibidas, o xurado elixiu á Facultade de Filoloxía e Tradución para converterse no primeiro centro da UVigo en lucir esta distinción. Con este selo, a Universidade quere recoñecer, impulsar e incentivar a promoción da igualdade entre homes e mulleres nos centros, facultades e escolas universitarias, a través dun proceso de avaliación das actividades, iniciativas e prácticas que realizan neste eido. A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, traslada os parabéns de toda a institución académica á FFT “polo seu compromiso e promoción activa e permanente da igualdade” ao tempo que tamén recoñece “o gran labor do resto de facultades, escolas e centros que se presentaron a esta convocatoria polo seu esforzo en traballar en prol da igualdade”.
A publicación da resolución definitiva da concesión deste galardón esta semana coincide tamén co lanzamento dunha Guía de Boas Prácticas, un documento que nace da análise “das accións presentadas polos once centros que participaron na primeira convocatoria”, como explica Águeda Gómez. Deste xeito, engade, “todas as actividades, achegas e apostas serven así como un manual de como facer as cousas comprometéndose coa igualdade”. De feito, Gómez recalca que a avaliadora externa da primeira convocatoria, “unha persoa cunha moi ampla experiencia neste eido”, quedou “impactada” polo “compromiso indiscutible amosado por todas as escolas e facultades que presentaron a súa candidatura”.
A distinción vai acompañada dunha axuda de 3000€ para que o centro desenvolva políticas de xénero. A Facultade de Filoloxía e Tradución recibirá o seu distintivo nun acto institucional que terá lugar nas vindeiras semanas.
A guía de Boas Prácticas en Igualdade nace das accións presentadas polos centros ao primeiro Distintivo de Igualdade que, en moitos casos, foron "produto do arranque dunha ou dúas persoas e, noutros casos, dunha aposta colectiva". De toda esa escolma de propostas, este manual destaca algunhas accións que a Unidade de Igualdade quere resaltar como "inspiración para toda a comunidade universitaria". Entre elas, por exemplo, está a incorporación da perspectiva de xénero no sistema de planificación de recursos do persoal investigador como un elemento esencial da evolución e da promoción da carreira; a introdución dos estudos de xénero e da perspectiva de xénero nas liñas de investigación e transferencia de xeito estable no tempo ou a constitución de comisións específicas, grupos de traballo de igualdade permanentes e de novas figuras como a coordinación de igualdade. Nesta guía tamén se recolle como exemplo de boas prácticas a realización de procesos de selección do persoal investigador con perspectiva de xénero con medidas como a corrección das penalizacións por embarazo e por maternidade, a captación de estudantado con perspectiva de xénero ou a elección da autoría feminina como primeira sinatura nos artigos. Outras accións destacadas son a selección paritaria de conferenciantes en congresos e en seminarios, a proposición de mulleres honoris causa na Universidade de Vigo, a realización de campañas e de actividades en datas reivindicativas sinaladas (12F, 8M, 25N) ou a selección horaria de docencia para apoiar o PDI con necesidades de conciliación.
O documento inclúe tamén unha serie de suxestións xerais de mellora, como medidas concretas de prevención das violencias machistas, nomeadamente sobre acoso sexual e por razón de sexo; accións de promoción da corresponsabilidade e da redución da fenda de coidados, especialmente agravada durante a crise da covid-19 e con efectos preocupantes no desenvolvemento profesional das PDI ou políticas de captación con perspectiva de xénero, tanto nas titulacións masculinizadas coma nas feminizadas. Tamén se recomenda evitar reproducir o chamado «traballo doméstico académico», xa que non só é importante a paridade numérica entre mulleres e homes, senón que tamén cómpre ter en conta as características dos cargos ocupados.
Entregan el premio Maruja Vázquez resaltando que ambas "han dado la cara para defender la igualdad, convirtiéndose en un ejemplo"
La sala de conferencias de Afundación en Vigo acogerá este miércoles y este jueves las jornadas 'As políticas de públicas de Igualdade',
El Concello de Vigo pone nombre a 12 bancos instalados en la calle Príncipe para homenajear a mujeres ilustres relacionadas con la ciudad
La Asociación Nós Mesmas anuncia que abandona el Consello Municipal da Muller de Vigo tras lo ocurrido en el Pleno de ayer
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL