A mirada de Xela Arias segue os pasos de todas as persoas que percorren desde este luns a sala de exposicións do Museo Verbum, en Vigo, tras a inauguración de “A poesía do retrato”, unha mostra que conxuga parte da obra poética da autora coa fotografía de Xulio Gil. A exposición, organizada polo Concello de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, poderá visitarse ata o 29 de outubro tras a apertura de onte, que contou coa asistencia da presidenta provincial, Carmela Silva, xunto a Xulio Gil e Darío Gil, parella e fillo da autora respectivamente, a nai e o irmán de Xela, a concelleira de Igualdade Uxía Blanco, o comisario da mostra, Xosé Enrique Acuña, e representantes institucionais.
A exposición mergulla a todas as persoas que a visitan no universo máis íntimo de Xela Arias a través de 40 dos seus poemas. Nas paredes do Museo Verbum os versos da creadora dialogan con 40 conxuntos de retratos en branco e negro da propia Xela que foron tomados por Xulio Gil nas décadas dos anos 80 e 90. Esta mestura de poesía e fotografía non deixará indiferente a ningunha das persoas que a visiten, quen se atoparán cunha Xela Arias que posa con determinación e mira de fronte con honestidade e cunha mirada penetrante que atrapará a todas as persoas que acheguen ao museo.
“Xela Arias. A poesía do retrato” amosa a unha muller “única, empoderada, extraordinaria e rebelde que pretendía rachar co que non lle gustaba”, palabras coas que a presidenta da Deputación definiu á autora viguesa. Para Carmela Silva o feito de que este ano as Letras Galegas se dedicara a unha muller é unha “reivindicación moi especial -que tal e como apuntou- ten que ter unha gran repercusión na conciencia colectiva”, aludindo así á invisibilización das mulleres en todos os eidos, como o da literatura. Ademais, a presidenta provincial puxo o foco no papel que xogan as mulleres na sociedade ao afirmar que “temos moito que reivindicar e aportamos moito ás xeracións que veñen detrás de nós”.
Quen foi a parella de Xela, Xulio Gil, deixou claro que a pesar de ser o autor dos retratos a verdadeira protagonista da mostra é Xela, “e isto non sería posible se non se lle dedicara o Días das Letras Galegas”. O fotógrafo lembrou os momentos nos que retrataba á autora e ollándoos dende o presente afirmou que “cando estás a facer un traballo é moi difícil imaxinar a transcendencia que vai ter”. Pola súa banda, Darío Gil, fillo da autora, amosou a súa ledicia porque esta exposición se celebre en Vigo, a cidade na que pasou a maior parte da súa vida, e agardou que a mesma “sexa un reclamo para dinamizar a oferta cultural” da cidade. Este feito foi tamén salientado pola concelleira Uxía Blanco, quen resaltou a importancia que cobran os recunchos de Vigo nas fotografías e rematou a súa intervención recitando versos de Xela Arias.
Pola súa banda, o comisario da exposición Xosé Enrique Acuña definiu a mostra como un proxecto “persoal e colectivo” -ao ser boa parte dos retratos tomados na casa pero socializados de cara a creatividade- co que a Xela Arias se suma ao conxunto de creadores e creadoras que “entenderon que co seu corpo e o seu rostro podían sumar na cultura”. Puxo o aceno na importancia da mirada da autora xa que nos retratos “podemos ver como os ollos de Xela Arias son estrofas dalgúns dos seus futuros poemas” así como no feito de que a exposición se leve a cabo en Vigo, “o lugar natural onde se tiña que ter celebrado xa que tanto Xela como Xulio foron parte desa xuventude viguesa que arriscou na creatividade e nos comportamentos”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL