A parroquia de Valadares colabora co Xacobeo promovendo de novo este ano xacobeo unha segunda camiñada guiada polo seu treito do Camiño Portugués do Norte, cinco kilómetros que separan o Moxón Real da estrema coa parroquia de Vincios das inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro. A peregrinación ‘Pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’, de baixa dificultade e apta para maiores e pequenos, celebra a súa terceira edición este mes de setembro atravesando varios dos espazos naturais máis fermosos da parroquia viguesa. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.
A programación cultural que acompaña a esta ruta comeza o venres 10 de setembro no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, cun parladoiro sobre as oportunidades que ofrecen os distintos camiños xacobeos que discorren pola cidade de Vigo. Intervirán Luís Martínez, copromotor do Camiño a Santiago pola Costa, da Vía Mariana e da web Caminador.es; Campio Salgueiro, Presidente da Asociación do Camiño de Santiago sen asfalto; Arsenio Pérez Alonso, da Plataforma SOS Mosteiro de Oia e Mónica Casares, hospitaleira do Pazo das Pías. A entrada é libre ata completar aforo.
A camiñada terá lugar o domingo 12. Iniciarase ás 9:45 h no campo de fútbol da Gándara. A primeira parada será sobre as 10.00 h. no moxón real da estrema con Vincios (A Pasaxe), onde os camiñantes poderán escoitar as vivencias dalgúns dos experimentados andaríns xacobeos que nos acompañen, para iniciar de seguido a ruta cos Trobadores Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá. As seguintes paradas serán na casa do peregrino de Valadares (10.30 h.) e nos centenarios muíños do Rendondo e de Longras (11:00 h.), ata chegar ás inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, límite do camiño de Santiago que discorre pola parroquia (11:30h).
A ruta continúa volvendo sobre os seus pasos, polo Muíño da Senra (12.30 h.) e pola leira do Centro Veciñal e Cultural de Valadares (12:45 h.), punto onde a Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto adicado ao Xacobeo e ás peregrinacións. Unha vez rematada esta peregrinación cultural, os camiñantes poderán disfrutar dun espazo para facer un picnic na área natural da leira da Senra ao carón da cafetería do Centro Veciñal e Cultural de Valadares mentras continúan os romances e cantigas de Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá (15:30 h.), a música mecánica de O Cefa-lo-podo Dr. Incógnito (16:00h.) e espectáculo circense de Nikita Kimoni (17:00 h.). O acceso é libre ata completar aforo, según as normas sanitarias vixentes. No caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares dende ás 12.00 ata as 14.30 h.
O descoñecido Camiño Portugués do norte é unha variante do Camiño Portugués que pasa por Vigo e que atravesa a parroquia de Valadares dende a fronteira coa limítrofe parroquia de Vincios, concello de Gondomar. Recuperado na Guía da Asociación de Amigos dos Pazos por Juan Manuel López-Chaves Meléndez, que realizou unha investigación para a recuperación deste trazado que coincide co chamado Camiño Real e nalgún caso con calzadas romanas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL