O Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes é o máximo recoñecemento ao labor creador de escritores españois e hispanoamericanos. En 2020 o galardoado foi Francisco Brines e entre o xurado que deberá elixir o seu sucesor haberá un profesor da Universidade de Vigo: o decano da Facultade de Filoloxía e tradución e catedrático de Literatura Española José Montero. Xunto a el, forman parte deste xurado outras nove persoas (oito vogais e un secretaría) entre as que hai nomes tan coñecidos como a escritora Elvira Lindo. A súa función será elixir entre as candidaturas presentadas a un escritor ou escritora cuxa obra teña contribuído a enriquecer de forma notable o patrimonio literario en lingua española.
Montero foi proposto para formar parte deste grupo pola Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE) e recoñece que é “desas cousas inesperadas, impensadas, pero que ás veces acontecen e aledan moito, moitísimo, pois supón participar no xurado do premio máis importante no eido en que veño traballando dende hai trinta anos. Que un catedrático de Literatura Española poida formar parte do xurado do premio Cervantes é unha honra e unha satisfacción moi grandes”. Estende esta satisfacción á institución académica á que pertence e alédase “moitísimo” de que unha “universidade pequena e da periferia -xeográfica, que non intelectual nin académica- teña sido elixida para formar parte do xurado do mais importante premio das letras españolas”.
Como se recolle nas bases do certame, a este galardón pode ser proposto calquera escritor que conte cunha produción literaria escrita principalmente en castelán. As candidaturas poden ser presentadas ata o 10 de outubro polas Academias de la Lengua Española así como por autores e autoras premiadas en anteriores convocatorias, institucións que vinculadas á literatura en español e os membros do xurado. Como explica Montero, “non se trata de valorar unha obra en particular, senón unha traxectoria”. Unha vez peche o prazo, cada membro do xurado recibirá un dossier con toda a documentación, que estudarán “polo miúdo para chegar a unha decisión que se deberá tomar ao longo do mes de novembro”.
Para do catedrático esta non é a primeira participación nun xurado, pero recoñece que nunca o fixo nun “desta envergadura, vai ser unha magnífica experiencia” que compartirá, ademais de con Elvira Lindo, co científico e historiador da Ciencia José Manuel Sánchez Ron ou o xornalista e escritor Ignacio Peyró, entre outros. “É un xurado onde todos/as soan... espero non desafinar”, conclúe.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL