Dous filmes documentais que se proxectan por primeira vez ao público. As presentacións de libros que estudan ou contan o cinema na sección LendoCine. A Noite Lasal dos Videoclips e o concerto da banda Moon Cresta. Coloquios e mesas redondas con estudosos e profesionais do sector audiovisual. Ou o retorno dos chimpíns de Cans ás rúas do Porriño. Son algunhas das propostas para a segunda xornada do XVII Festival de Cans, a de mañá xoves.
As proxeccións das documentais 'Beiras, vivir dúas veces' e de 'Donde acaba la memoria' son dúas das máis agardadas este ano polo público do Festival. Poderase ver no Centro Cultural Municipal do Porriño.
A partir das 17 horas comeza a 'Tarde Coira', adicada a Jorge Coira, quen co-dirixe o documental 'Beiras, vivir dúas veces' xunto ao seu irmán Pepe Coira e ao realizador Gaspar Broullón. O tamén director de 'Eroski Paraíso' é o realizador homenaxeado este ano polo de Festival: Jorge Coira recibirá este venres, na Noite das Homenaxes, o Premio Pedigree 2021, a distinción de honra de Cans. O Festival recoñece así a enorme achega do realizador lucense ao audiovisual galego nos últimos 25 anos.
Afirman os irmáns Coira e Gaspar Broullón que 'Beiras, vivir dúas veces', "non é un filme sobre Beiras, senón un filme con Beiras". Parten dos lugares, das imaxes, e das experiencias que mellor identifican a vida do economista e político galego. Tamén de horas de conversa con el. Logo da proxección da película, haberá un coloquio cos realizadores e co propio Xosé Manuel Beiras. Ademais, confirmaron a súa presenza protagonistas no filme coma os artistas Silverio Rivas e Anxel Huete, a actriz Flor Maceiras, o escritor Miguelanxo Fernán-Vello ou o ex alcalde de Santiago Martiño Noriega.
Na 'Tarde Coira', Jorge Coira tamén presentará algúns avances de 'Proyecto Emperador', a película protagonizada por Luis Tosar na que traballa. (Consulta aquí máis detalles sobre o filme e sobra as principais actividades do Festival este xoves).
O realizador vigués Pablo Romero-Fresco e máis o historiador Ian Gibson presentarán en Cans, tamén mañá, 'Donde acaba la memoria'. O documental é produto dun traballo conxunto de máis de sete anos. Gibson replica no documental a viaxe do mítico cineasta Luis Buñel a Las Hurdes. É tamén, a súa, unha viaxe íntima: a dun historiador británico que leva máis de 50 anos esculcando nos aconteceres e nos porqués da historia de España. A película produciuna Xavi Font, quen tamén asinou a produción de exitosos filmes galegos coma 'O que arde' ou ' Ons'.
A estrea será ás 20.30 horas (Centro Cultural Municipal do Porriño). Estarán presentes Ian Gibson, Xavi Font, amén e a co autora da música do filme, Elba Fernández. O historiador manterá un coloquio co público do Festival horas despois, xa o venres, ás 12.30 horas (Torreiro de Cans).
Ata cinco novidades literarias preséntase mañá en LendoCine, a actividade coa Festival de Cans trata de promover a difusión de obras escritas relacionadas co cinema. Os seus autores son o ex-presidente da RAE, Darío Villanueva; o crítico, escritor e programador Jaime Pena; os docentes Beatriz Busto e Pedro Sancho; e o comunicador e publicista porriñés juáncho. Presentarán as súas obras a partir das 18.30 horas na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, o mesmo sitio no que ás 20 horas comeza a procesión dos chimpibuses: os chimpíns de Cans regresan, coma cada ano, ás rúas do Porriño. Acompañaraos a música de Os Zoqueiros. (Máis información sobre os libros neste documento).
A música seguirá pola noite: primeiro coa Noite Lasal dos Videoclips. Na competición de videoclips do Festival de Cans participan este ano 20 traballos. Poderán verse a partir das 22 horas no Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal do Porriño.
A seguir, e no mesmo lugar, celébrase o primeiro dos grandes concertos deste ano no certame: o de Moon Cresta. Co seu enérxico directo, avalado por preto de 20 anos de traxectoria, os Moon Cresta chegan ao Festival para dar un concerto no que presentan o seu cuarto disco, 'Civil Fuzz Brigade', entregado en 2019 pero que a pandemia deixou case inédito no contacto co público.
Antes, na mañá, na aldea de Cans respirarse moito cinema. Será nun dos seus espazos máis emblemáticos: o Baixo de Carlos.Despois, a partir das 11.30 horas, celébrase o segundo dos coloquios AISGE desta edición do Festival: Sabela Hermida e José Luis Castro de Paz falarán encol de “25 anos sen María Casares”.
Ás 13 horas, a Mesa Proxecta, da coordenadora galega de certames cinematográficos, aborda o tema “Pequenos grandes festivais, resistencia e supervivencia". Participan Javier Muñiz, presidente Coordinadora La Mesta, Sergio Valbuena, director CortoGijón e Ana Estévez, directora MICE. Modera: Analía G. Alonso, xerente de Proxecta.
A partir das 15 horas, todas as actividades programadas para mañá serán xa no Porriño. Dende as 3 da tarde, comeza o concurso de pintura rápida Pintar o cine, outra actividade do Festival de Cans para promover o diálogo entre o cinema e outras disciplinas artísticas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL