O Bloque Nacionalista Galego formulou cinco emendas parciais co obxectivo de “mellorar” a proposta de nova ordenanza municipal do servizo do taxi en Vigo. As propostas da fronte nacionalista recollen demandas do propio sector e fan unha aposta pola mobilidade sustentábel. O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou publicamente as emendas da formación nacionalista que recollen, en primeiro lugar, a creación dunha “Mesa do Taxi de Vigo”, como espazo de interlocución institucional, da que farían parte as asociacións do sector, sindicatos e representantes de todos os grupos políticos da Corporación.
As nacionalistas defenden tamén a supresión da prohibición de vestir pantalón curto polo persoal condutor. “Non ten sentido en pleno século XXI esa exclusión, cando a propia ordenanza permite, como é normal, o uso de saias ou vestidos”, razoou Igrexas, aludindo a un aspecto que xerou bastante polémica nos últimos anos. Noutra das emendas, o Bloque pide que se prohiba expresamente que a publicidade que portan os taxis, e que debe ser sempre autorizada polo Concello, anuncie xogos de apostas, bingos ou casinos, tal e como xa se fai coa exclusión de anuncios de tabaco, bebidas alcolicas ou actividades sexistas.
Propoñen tamén que, de maneira “sempre dialogada e acordada coas asociacións do sector”, se poidan definir presenzas mínimas en paradas, sobre todo naquelas situadas na proximidade de servizos públicos, como centros de saúde, e estacións de transporte, co obxectivo de “mellorar a prestación do servizo de taxi ao conxunto da cidadanía”.
A principal emenda do BNG é, segundo subliñou o propio Igrexas, a referida a apostar pola mobilidade sustentábel. Neste sentido, defenden que se promova a renovación da flota de taxi por vehículos ECO ou Cero Emisións, no horizonte de que a partir do 1 de xaneiro de 2025 todos os novos vehículos que se adscriban ao servizo de autotaxi sexan ecolóxicos. Para tal fin, recollen tamén a necesidade de despregar programas de axudas municipais e que se garanta a instalación de suficientes puntos de recarga e subministro para este tipo de vehículos no termo municipal. Para trazar a folla de ruta cara ese obxectivo, as nacionalistas defenden que sexa a Mesa do Taxi a que acorde a calendarización das fases e as medidas a adoptar para unha “transición ecolóxica de consenso” no sector.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL