O MUMI 2021, que se desenvolverá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, contará para a súa clausura cun concerto dobre protagonizado por dúas das propostas musicais de maior renome a ambas beiras do Miño: a banda portuguesa Galandum Galundaina e a artista galega Uxía. O Encontro Profesional das Músicas no Minho, que tamén terá programación aberta á cidadanía, repartirá a súa actividade entre Valença e Tui durante os tres días de duración. Ademais dos dezaoito showcases xa anunciados de bandas galegas e portuguesas, o encontro acollerá un programa de encontros para empresas e festivais, actividades formativas e obradoiros. Os concertos de apertura e clausura, asi como a maior parte dos showcases, estarán abertos ao público xeral e serán de balde. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, tamén apoian o MUMI 2021 a Direção Regional de Cultura do Norte e a Xunta de Galicia así como a Fundação GDA, Fundación SGAE, Bodegas Martín Códax, Gadis e Mel: Piquenique das artes!
O concerto de clausura terá lugar o 11 de setembro nas Cortinas de São Francisco (Valença) ás 21h portuguesas e 22h galegas. Considerado como un dos proxectos musicais máis relevantes no contexto folk de Portugal durante os últimos vinte e cinco anos, Galandum Galundaina construíu un espazo no que o pasado e o futuro da música arraiana van da man. A formación, considerada a embaixadora da música das Terras de Miranda, desenvolve un traballo de investigación ao redor dos instrumentos tradicionais -extraordinario no caso da gaita de fol mirandesa pero tamén en aparellos sonoros de construción propia- así como de promoción cultural, coa organización de eventos como o Festival itinerante de cultura tradicional “L Burro i l Gueiteiro”. Paulo Preto, Paulo Meirinhos, Alexandre Meirinhos e João Pratas son Galandum Galundaina, con catro discos de estudio e un DVD ao vivo no seu haber; é sobre no escenario onde resplandece un repertorio vocal e instrumental na herdanza do cancioneiro tradicional das Terras de Miranda, no que as harmonias vocais e o ritmo das percusións transportan a un universo atemporal.
Pola súa parte, Uxía é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 35 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, combinando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Algúns dos temas máis recorrentes que explora nos seus traballos son a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega e portuguesa e a defensa da identidade lingüística. Creou o seu repertorio a través das súas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como Dulce Pontes, António Zambujo, Sara Tavares ou Tito Paris, e en España con artistas como Santiago Auserón, Martirio, Carmen París ou Sílvia Pérez Cruz.
Os showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal, a maior parte deles abertos ao público, serán a columna vertebral do MUMI 2021. Familia Caamagno, Magín Blanco e A banda das apertas, Oîma, Os d’Abaixo , O Sonoro Maxín, Pálida, Pulpiño Viascón, Silvia Penide e Xacobe Martínez Antelo Quinteto conforman a relación dos showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén nove: Barry White Gone Wrong, Cassete Pirata, Conjunto!Evite, emmy Curl, Jorge da Rocha, José Valente, Káustika, TAKATUM apresenta Ah!Ah!Ah! e The Guit Kune Do. A Orquestra Galego Portuguesa de Liberación ofrecerá o concerto de apertura do MUMI 2021 o xoves 9 de setembro en Tui na Praza da Corredoiras ás 21:30h galegas e 20:30 portuguesas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL