O Concello de Moaña inaugura este 25 de agosto a exposición “Bernardino Graña: o home que quixo vivir”, unha mostra elaborada polo cineasta Xan Leira e percorren a vida e obra do autor.
Bernardino Graña, o "poeta do mar", foi catedrático de lingua e literatura en secundaria ata a súa xubilación en 1991. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e no Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Autor dunha decena de magníficos poemarios, conta cun destacado libro de relatos, unha orixinal novela, máis dunha vintena de salientables títulos de literatura infantil e xuvenil e preto de media ducia de pezas teatrais de relevo que merecen maior divulgación no conxunto da sociedade galega e, moi especialmente, entre a xente nova, á cal dedicou unha parte significativa da súa obra escrita desde a súa residencia moañesa de Tirán.
Na inauguración da mostra ás 19:00 horas deste mércores participará a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. Desenvolverase un acto con música e poesía coa presenza de Xan Leira, Tino Baz, Marta Dacosta, Luís Chapela, Anna R Figueiredo e X. Daniel Costas. Permanecerá aberta entre o 25 e o 31 de agosto de 17:00 horas a 22:00 horas no Alto da Praza de Abastos de Moaña.
De xeito paralelo, este venres 27 ás 20:00 horas proxectarase o documental de Xan Leira “Bernardino Graña: o home que quixo vivir” e, posteriormente, presentación do libro de Heitor Mera “Cartas de Bernardino Graña”.
Xan Leira, á fronte da empresa Memoria Documental de Galicia, preparou esta exposición que consta de 14 paneis nos que a través dos testemuños do propio Bernardino Graña e doutras persoas destacadas no eido cultural de Galicia e do Morrazo como Heitor Mera, Xosé Manuel Millán, Alexandre Ripoll, Xesús Alonso Montero, Raimundo García «Borobó», Bautista Álvarez, Rafael Lorenzo, Marta Dacosta, Xosé Manuel Pazos, Camilo Camaño, Manuel Álvarez, Cesáreo Sánchez, Asun Sóñora e Helena Pérez van debullando a traxectoria vital e literaria do poeta.
“A pegada da paisaxe e, sobre todo, o mar de Moaña adquiren unha relevancia propia na súa obra e dala a coñecer entre o público espectador ao que vai dirixida pode adquirir unha dimensión e xerar interese para afondar máis sobre a súa produción literaria vinculada co noso concello e coa súa contorna”, explican dende o Goberno municipal de Moaña, que patrocina a mostra xunto a Cangas, Nigrán e a Xunta de Galicia.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL