A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron este xoves as áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con preto de 190.000 euros do Plan Concellos da institución provincial. As dúas remodeladas áreas recreativas forman parte dun proxecto máis amplo que o Goberno local ten en marcha para mellorar as zonas de ocio da infancia e crear espazos biosaudables para o público adulto. “Con estes renovados espazos – destacou a presidenta Carmela Silva- novamente o goberno de Tui demostra o seu compromiso coa veciñanza, poñendo no centro da acción política ás persoas, as verdadeiras protagonistas, a través da creación de espazos de encontro de calidade para o desfrute da cidadanía”.
O investimento total que achegou a Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos, á remodelación das áreas recreativas ascende a 188.000 euros en total, e inclúen non soamente elementos infantís senón tamén aparellos biosaudables. No caso da área recreativa en Bornetas o investimento foi de preto de 90.000 euros, e na área recreativa da Gándara, en Guillarei, ascende a máis de 100.000 euros.
A renovada área recreativa de Bornetas está situada a carón do CRA Mestra Clara Torres. O ámbito do parque infantil abrangue 346 metros cadrados e conta con pavimento de caucho continuo e céspede artificial con base amortiguante. Amais, inclúe diferentes tipos de xogos entre os que se atopan unha montaña, un arrandeadoiro de dobre asento e asento para bebés, un balancín, xogos de cesto e abella e dúas torres con escaleira colgante e muros de escalada. Tamén incorpora elementos biosaudables para o público adulto con aparellos para traballar a zona de cintura, esquís de fondo, elevadores e bicicletas estáticas.
No caso da parque da Gándara en Guillarei creouse unha área con dúas zonas: unha de 650 metros cadrados onde se sitúan os xogos e a tirolina, e outra de 190 onde se instalan os aparellos biosaudables e as mesas de xogos (ping-pong e xadrez). A zona infantil conta con pavimento de seguridade con céspede artificial con base amortiguante e elementos para a rapazada como unha tirolina, un arrandeadoiro tripla, dúas torres con muros de escaladas e redes de corda, outra torre con escaleiras e tobogán, unha pequena cabana, un pato, un coello e un balancín sapo. En canto aos elementos biosaudables inclúense aparellos de cintura, de esquí de fondo, elevadores e bicicletas estáticas así como unha mesa de ping-pong antivandálica e un conxunto de mesa e bancos con taboleiro de xadrez.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL