O Bloque Nacionalista Galego fixo pública unha primeira valoración do documento de aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, que mañá, xoves, será debatido e votado no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo da cidade olívica. A fronte nacionalista critica a falla de transparencia e participación na súa elaboración e alerta de que o documento presenta “importantes sombras” en cuestións como a protección do patrimonio e ambiental, a mobilidade ou o acceso social á vivenda.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, manifestou que “a pesar dos intentos de Abel Caballero por deslumbrar con anuncios, grandes titulares e infografías, o documento de aprobación do PXOM ten importantes sombras”. A principal eiva, segundo Igrexas, ten a ver coa “total falla de participación e transparencia que envolveu a elaboración do novo PXOM”. Neste sentido, reiterou a crítica formulada polo BNG desde o principio de que “a incapacidade do PSOE a escoitar ningunha voz que non for a propia, e a nula vontade do alcalde por contar co tecido asociativo” impediu que o planeamento proposto dea resposta ás necesidades e aspiracións da “cidade real”. “Non se quixo escoitar a ninguén, nin dialogar con ninguén, o que supón dilapidar a oportunidade que tiñamos como cidade de facer do novo PXOM un instrumento para definir o modelo de cidade que queremos desenvolver nos vindeiros anos”, valorou.
En previsión de que a maioría absoluta do PSOE permitiralle aprobar sen problemas o planeamento, o portavoz municipal nacionalista anunciou que esixirá ao Goberno municipal que o proceso de exposición pública non sexa apenas “un trámite burocrático e permita unha participación efectiva da veciñanza e do tecido asociativo”. “O Goberno ten que levar o PXOM a pé de rúa, levándoo a todos os barrios e parroquias, explicándolle a veciñanza o que se quere facer e, sobre todo, para escoitar a opinión da viguesas e vigueses. Con quen hai que consensuar o novo plan é coa cidade”, remachou.
Desde o Bloque advirten de “deficiencias técnicas e eivas, con importantes lagoas por falla de concreción” no relativo á protección do patrimonio histórico, cultural e industrial da cidade. Tamén consideran que, malia “o afán de Caballero por vestir de verde o PXOM”, hai aspectos “preocupantes” como a renuncia a realizar unha recuperación “integral e total do areal de Samil”, substituíndo o proxecto anterior por unha actuación de menor alcance.
En relación á proxección de vivenda protexida, Igrexas subliña a importancia de que o PXOM permita resolver o grave problema do acceso social a un ben esencial como é a vivenda, lembrando que arestora hai máis de 5 mil familias rexistradas como demandantes de vivenda protexida e que o encarecemento dos prezos, de venda e alugueiro, está a expulsar a millares de persoas. “Non abonda con que se prevea unha ampla reserva de vivenda protexida, coa que o BNG coincidimos, senón que hai que dotar a cidade de instrumentos que o efectivicen”, advirte, recordando que Abel Caballero xa prometeu en 2007, co anterior plan, construír 6 mil vivendas protexidas en catro anos. “Despois de 14 anos na alcaldía, Caballero non fixo nin seis mil, nin seiscentas, nin sesenta, nin seis. A única política de vivenda do Goberno municipal foi facer caixa malvendendo as vivendas de Rosalía de Castro en lugar de poñelas a disposición do pobo”, criticou.
Compartindo o obxectivo de “compactar” o desenvolvemento urbanístico, as nacionalistas expresan as súas diferencias co modelo recollido no PXOM xa que “concentra o crecemento nalgúns ámbitos centrais pero condenando a unha especie de foto fixa a dous terzos do territorio da cidade que representan as parroquias e os barrios”. Aliás, consideran inxustificados algúns cambios de cualificación urbanística así como as previsións de solo industrial.
Desde o Bloque lamentan a falla dunha intervención decidida no novo PXOM por un cambio de paradigma na mobilidade. “Non abonda con novos viais ou con repartir as cargas de tráfico rodado. Revolucionar a mobilidade en Vigo esixe unha aposta estratéxica polo transporte colectivo para colocalo á altura dunha cidade de 300 mil habitantes”, alerta. Consideran ademais errado seguir insistindo nun modelo viario “radial” que renuncia a conectar axeitadamente os barrios e parroquias.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL