A Rede Galega de Praias sen Fume acada este ano un total de 187 praias, sexan mariñas ou fluviais, de 77 concellos diferentes das catro provincias galegas. En consecuencia, na actualidade, o 37% das praias galegas, xa son “praias sen fume”, contribuíndo a promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o seu consumo e tamén coidar o medio ambiente.
Esta Rede naceu no ano 2016, con apenas 26 praias adheridas, como un programa da Xunta de Galicia cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. O obxectivo é que a mocidade saiba que o normal é non fumar e avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, ao obxecto de converter este entorno en educativo e preventivo.
O obxectivo da Xunta é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede. Este programa, no que Galicia é pioneira a nivel estatal, ten sido incorporado posteriormente por outras comunidades autónomas como Murcia en 2018, Andalucía, Asturias, Baleares e a Comunidade Valenciana en 2019 ou o País Vasco neste ano 2021.
As ultimas cifras de prevalencia na nosa comunidade autónoma (SICRI 2018), indican que o 16,8% da poboación galega fuma diariamente e, no grupo dos nosos mozos de 16-24 años, fano o 12,7%. Lograr que estas cifras baixen nos próximos años, aumentando a porcentaxe entre a poboación moza que non comece a fumar, é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia.
O diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume distingue a aqueles concellos que teñen a totalidade das súas praias adheridas a este programa, que busca poñer en marcha accións que impliquen a participación activa da sociedade para sensibilizar á poboación ante estes consumos de risco para a saúde. Neste 2021, acadan por primeira vez este diploma de ouro os concellos de Bergondo, Ponteareas e Pontedeume, uníndose así a unha lista de 18 municipios con esta distinción, que inclúe tamén na provincia da Coruña aos concellos de Cabana de Bergantiños, Cedeira, Corcubión, Dumbría, Laxe, Mañón, Noia, Ponteceso e Rianxo; na provincia de Pontevedra a Baiona, Cerdedo-Cotobade, A Guarda, Redondela e Vilaboa e na provincia de Lugo a Barreiros.
Por outra banda, o diploma de prata acredita a aqueles concellos que teñen polo menos a metade das súas praias declaradas sen fume. Contan con esta acreditación un total de 11 concellos trala incorporación este ano de Soutomaior e Viveiro, que se unen deste xeito a Cambados, Poio e Sanxenxo na provincia de Pontevedra; Cervo e O Vicedo na de Lugo, e Cabanas, Camariñas, Fene e Ortigueira na da Coruña.
Nas praias sen fume non se pode fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas. Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal conseguindo así a participación activa da sociedade.
Pertencer á rede compromete ao concello a seleccionar praias que estean incluídas no censo oficial, colocar toda a sinalización e materiais de difusión facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolver no concello actividades ou accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco como actividades arredor do día mundial sen tabaco (31 de maio), soporte para actividades levadas a cabo no ámbito escolar, charlas dirixidas a poboación sobre os beneficios de non fumar ou organización de "Grupos para deixar de fumar" para fomentar e facilitar o abandono de tabaco.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL