O Concello de Nigrán cancela o concerto do sábado de ‘Xardín Desordenado’ no Auditorio Municipal con motivo do Día das Letras Galegas ante o regreso do municipio ao nivel vermello por Covid-19 (semáforo establecido polo Sergas cando se confirman máis de 21 contaxiados confirmados por PCR na última semana).
O goberno local, tal e como fixo coa gala dos Premios Nigrán e a suspensión de actos cando se rexistrou alerta vermella, toma esta decisión por responsabilidade. Deste xeito, aprázase ata novo aviso reprogramándose unha vez que a situación sanitaria mellore.
Igualmente, desde o Concello aclárase que as novas restricións de peches perimetrais decretados hoxe desde a Xunta non afectan ao municipio (sí a Vigo). “Só sabemos que desde hoxe estamos en alerta vermella, o que quere dicir que se detectaron máis de 21 casos positivos nunha semana, pero non temos cifras concretas nin áreas.
O importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, facendo unha especial chamada á responsabilidade colectiva o domingo nos cemiterios, cando se celebra o Día de Defuntos con normas específicas para esas visitas, como non reunirse entre non convivintes e non permanecer máis de 30 minutos. Como repetimos desde marzo: paciencia, cariño e calma”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen incide en que Nigrán disporá de gardas de seguridade privada nos seus cemiterios municipáis (son Parada e San Fiz).
Desde o Consistorio faise un chamamento ao cumprimento estrito de todas as indicacións das autoridades sanitarias, facendo fincapé nas últimas restricións da Xunta. “Desde o Concello cumprimos escrupulosamente con este mandato nas actividades que organizamos pero coidamos que, con alerta vermella, é convinte suspendelas”, reflexiona González.
“Defenderei a todos os colectivos que integran o persoal docente”, asegura a catedrática
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL