“Un recoñecemento ao labor investigador que levamos facendo no grupo de Nanobiomateriais Funcionais (ata hai pouco Grupo de Química Coloidal) nos últimos anos. Polo tanto supón unha grande alegría para min”. Así valora a docente e investigadora da UVigo Isabel Pastoriza Santos o Premio a la Excelencia Investigadora 2021 que lle outorga a Real Sociedad Española de Química e que se insire dentro dos galardóns que a RSEQ entrega todos os anos, e cos que tamén recoñece noutras categorías a novas e novos investigadores, unha carreira distinguida, a tarefa educativa e divulgativa de docentes de ensino preuniversitarios e colaboracións con outras sociedades. A estes galardóns súmase a medalla de ouro da Real Sociedade, que recoñece a traxectoria de excelencia dun dous seus membros, con atención a súa singularidade, visibilidade internacional e liderado actual na disciplina.
Xunto a Pastoriza, David Díaz, da Universidade de Ratisbona/Universidad de la Laguna; Eva Hevia da Universidade de Berna e Aurelio Mateo do centro Polymat da Universidade do País Vasco, recibirán os outros tres premios á Excelencia Investigadora 2021 cos que a RSEQ galardoa a traxectoria científica independente e o liderado científico durante os últimos cinco anos das persoas premiadas. “É un recoñecemento a nivel nacional e axuda a darte a coñecer entre as diferentes ramas da Química”, explica Pastoriza en relación con este galardón, que recoñecerá ás persoas premiadas cun diploma e unha dotación económica. A docente e investigadora da UVigo é a única representante dunha institución galega que recibe un dos galardóns que outorga este ano a RSEQ, unha asociación científica sen carácter lucrativo, que ten como principal obxectivo promover, desenvolver e difundir en España a disciplina da Química, tanto no seu aspecto de ciencia pura como no das súas aplicacións. “Leva a cabo un papel moi importante impulsando o progreso do coñecemento, o ensino e a investigación en Química en España, así como tamén, difundindo todos os aspecto da Química e contribuíndo ao benestar social, promovendo a edición de publicacións e a organización de reunións, congresos, cursos, conferencias, etc.”, enumera Isabel Pastoriza.
Xunto ao resto das e dos integrantes do seu grupo de investigación, a docente e investigadora da UVigo traballa neste intre en diferentes proxectos que teñen en común que se centran no deseño e fabricación de nanomateriais funcionais para o desenvolvemento de sensores ultrasensibles para ser empregados, tanto no eido ambiental, coma no da nanomedicina.
Con anterioridade á docente e investigadora do Departamento de Química Física da UVigo, o catedrático en excedencia e agora director científico do CIC bioGune en San Sebastián, Luis M. Liz-Marzán recibira o recoñecemento da RSEQ, no seu caso o máximo galardón da asociación: a Medalla de Ouro.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL