Este martes, 28 de novembro, o Centro de Día de Tomiño celebrará diferentes actividades e obradoiros que dinamizarán unha xornada de portas abertas. Así, as actividades arrancarán nas instalación situadas na Rocha ás 11:00 horas co videofórum ‘Eu tamén quero’, coa proxección dos vídeos ‘Quero seguir opinando’ e ‘Quero seguir facendo’, de Lourdes Bermejo, que darán paso a unha mesa redonda sobre o empoderamento en situacións de dependencia. No debate participarán a concelleira de Servizos Sociais do concello de Tomiño, Cristina Martínez; a axente de Igualdade do concello Silvia Alonso; a psicóloga do CD Tomiño Paula Puga; e Pilar Barral, veciña que achegará o seu testemuño sobre o empoderamento na terceira idade.
Tras o debate chegará o momento de moverse coa xerontozumba (12.15 h), cun obradoiro de ximnasia articular e movemento con música a cargo da terapeuta ocupacional do CD Tomiño Carmen Baz.
Xa pola tarde, ás 16.00 horas a especialista Débora Baz abrirá o debate sobre ‘A sexualidade na terceira idade’, falando dos seus mitos e a variabilidade a medida que pasan os anos para tratar de romper os tabús existentes que abranguen este tema sobre todo en idades avanzadas. Ás 17.30 horas realizaranse xogos por grupo con diferentes probas simulando algún déficit sensorial para poñerse no lugar dunha persoa dependente.
Ademais, ata o vindeiro 12 de decembro estará aberta ao público nas instalacións do centro a exposición interactiva ‘Non pesan os anos, pesan os mitos’ sobre os mitos e estereotipos na terceira idade.
Todos os interesados en participar nalgunha das actividades deben inscribirse no teléfono 986 623 326, no correo electrónico cd.tomino@cogami.gal ou á rúa Monte Pombal, no barrio da Rocha. Este centro de día, que atende a máis de 50 usuarios do municipio e da contorna, é un centro de atención diúrna con servizo de comedor pertencente á rede de centros de maiores da Xunta de Galicia.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL