Nunha semana coma esta, o Centro de Investigación Mariña da UVigo debería estar compartindo os seus laboratorios con mozos e mozas de institutos da contorna co gallo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia. Pero por mor das restricións derivadas da pandemia da Covid19, este ano as actividades estanse a celebrar en modalidade virtual. Este venres foron estudantes de 1º e 2º da ESO do CPR Alborada e do IES do Castro, ambos de Vigo, os que se achegaron, a través da pantalla, ao CIM. O obxectivo é dar a coñecer e sensibilizar ao estudantado de secundaria sobre cuestións de xénero, como o efecto Matilda, que provoca que moitos logros e avances científicos froito do traballo das mulleres se acaben atribuíndo aos seus compañeiros varóns.
O alumnado participante tamén puido coñecer outros aspectos como as paredes e os teitos de cristal cos que se topan as mulleres investigadoras ou facer un repaso polas científicas que foron invisibilizadas ao longo da historia, e que na actualidade ocupan tan só o 7% dos libros de textos de Primaria e na ESO, fronte ao 93% de científicos varóns. Ademais, prestouse especial atención ao eido da investigación mariña, co fin de visibilizar e poñer en valor o traballo das científicas en xeral, e do CIM-UVigo en particular, fomentando os roles femininos en ciencia, promoción da igualdade en ciencia, etc.
A xornada constou dunha videoconferencia e debate coa Asociación Faraxa, na que o alumnado puido reflexionar sobre a necesidade do 11 F, Día da Muller e a Nena na Ciencia. Posteriormente, a investigadora Ana Berbabeu, directora da Área de Investigación da Universidade de Vigo, centrou a súa intervención no esforzo que está a realizar a Universidade de Vigo en materia de igualdade e achegou tamén a súa experiencia persoal como investigadora en eidos como a morfodinámica das praias, a dinámica sedimentaria ou a xeoloxía mariña.
Finalmente, a aínda que de xeito virtual, os mozos e mozas dos institutos puideron realizar unha visita ás instalacións do CIM e coñecer os laboratorios e os proxectos que desenvolven investigadoras como Elena Ojea, Cristina Sobrino ou Estefanía Paredes. As rapazas e rapaces tamén participaron nun xogo tipo trivial para repasar o papel das mulleres na ciencia e nun debate final. Todas estas actividades repetiranse o vindeiro día 23, desta volta con estudantes de ESO e Bacharelato de CPR Tirso de Molina.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL