O proxecto europeo MarENet - Atlantic Maritime Ecosystem Network- coordinado polo Campus do Mar fíxose este xoves cun dos Atlantic Project Awards, os galardóns que se entregan no marco da 7th Atlantic Stakeholder Platform Conference (ASPC2020), o simposio internacional de referencia sobre a nova estratexia marítima do Atlántico. O proxecto do UVigo foi seleccionado como o mellor caso de éxito na categoría de Capacitación mariña e alfabetización oceánica, unha das cinco das que constan estes premios.
Financiado pola Comisión Europea Easme-Emff e coordinado polo Campus do Mar baixo a dirección de Daniel Rey, director do Centro de Investigación Mariña e coordinador do grupo GEOMA, o obxectivo de MarENet é fortalecer a cooperación entre as empresas marítimas e o mundo académico para mellorar a visibilidade das oportunidades de formación e profesionais no sector da Economía Azul en Europa. Este proxecto está intimamente ligado á Estratexia de Crecemento Azul implantada no Porto de Vigo, como entidade pioneira nesta transformación.
Ademais, a Universidade de Vigo contaba con outros dous proxectos finalistas nestes premios. Por unha banda, BlueBioLab, na categoría de portos atlánticos e economía azul e, por outra, EcoAfrik, seleccionado na modalidade de cooperación internacional na Área Atlántica.
Os premios que teñen como obxectivo poñer en valor casos de éxito acadados por proxectos na área xeográfica abranguida pola Estratexia do Atlántico e relacionados coa implementación do Atlantic Action Plan 2.0. Para Daniel Rey, esta distinción supón, “un enorme recoñecemento por parte da Unión Europea polo traballo desenvolvido durante este longo e difícil ano polos oito socios do consorcio: Campus do Mar, Autoridade Portuaria de Vigo, Asociación Clúster do Naval Galego, Aclunaga; Confederación Española de Pesca, Cepesca; Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa, ICSEM; Cork Institute of Technology; Marine Institute–Irish Maritime Development Office e Universidade da Rochelle de Francia. O xurado valorou a capacidade do Campus do Mar e, en particular, da Universidade de Vigo para liderar con eficacia e éxito iniciativas destinadas a promover a Economía Azul e as carreiras azuis. “A estreita colaboración co Porto de Vigo e ICSEM a través do Blue Growth como motor do proxecto, ademais da determinación de Aclunaga e Cepesca, e a experiencia de IMDO, CIT de Irlanda e a Universidade de La Rochelle en Francia forxou un grupo de traballo capaz que aspira a responder a algúns dos retos das necesidades dos mercados portuarios marítimos e dos currículos mariños que se albiscan no horizonte próximo”, remarca Rey. Deste xeito, o premio sitúa o Campus do Mar e a Universidade de Vigo “na paisaxe marítima atlántica da UE, nun momento moi especial, cando comezaron a lanzarse novas liñas de financiamento no contexto do acordo de Economía Azul e Verde, no contexto do acordo de Blue Economy and Green Deal”.
Na 7th Atlantic Stakeholder Platform Conference, que se celebra ao longo da xornada de hoxe xoves, reúnense funcionarios de alto nivel, expertos de renome e destacados empresarios interesados na Estratexia Atlántica Europea, co obxectivo de buscar formas de cooperación, intercambiar información e identificar oportunidades financeiras e socios potenciais para os seus negocios, especialmente no contexto dos esforzos de recuperación dos países participantes. A conferencia tamén dá visibilidade ás perspectivas, iniciativas e accións das partes interesadas nos países atlánticos da UE (Francia, Irlanda, España e Portugal) cara a busca de modelos socialmente inclusivos de desenvolvemento sostible e creación de emprego, que ao mesmo tempo protexan os ecosistemas mariños e costeiros e aseguren un océano saudable.
No marco da conferencia presentouse tamén o lanzamento Atlantic Action Plan 2.0, unha estratexia deseñada para desenvolver a Estratexia Atlántica Europea, que actualiza a primeira versión, aprobada no ano 2013 pola Comisión Europea, co fin de fomentar unha economía azul sostible e o Pacto Verde da UE.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL