A Universidade de Vigo sitúase como terceira universidade española no Highly Cited Researchers 2020, realizado por Clarivate e feito público este mércores. A inclusión nesta clasificación de Jesús Simal, Francisco J. Barba, Seid Mahdi Jafari e Jianbo Xiao permite á institución viguesa colocarse tras a de Granada e Barcelona neste ránking de investigadores altamente citados. Os catro investigadores da UVigo traballan no eido da ciencia e tecnoloxía dos alimentos e aparecen incluídos no listado internacional no ámbito das Ciencias da Agricultura.
A listaxe, que este ano inclúe 6167 investigadores e investigadoras de 60 países e rexións, identifica, tal e como indican os seus promotores, “aos investigadores que demostran unha influencia significativa no seu campo ou campos de investigación elixidos a través da publicación de múltiples artigos altamente citados durante a última década”. España ocupa neste 2020 o posto número dez no ranking de países, con 103 investigadoras e investigadores. Tendo en conta a primeira afiliación das e dos investigadores incluídos na clasificación, a institución académica viguesa, ademais de terceira no eido universitario español, lidera a presenza galega cos seus catro investigadores (aos que se suma Juan José Nieto da USC) e supera a cifra acada en 2018, cando tivo nesta listaxe a Jesús Simal e Maurizio Battino, e en 2019, cando estiveron Maurizio Battino, Francesca Giampieri e Bruno Mezzetti.
Simal-Gándara, catedrático da Área de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Vigo dende 1999 e vinculado a esta institución dende 1991, subliña sobre a presenza acadada na listaxe este ano como “todo isto é froito dun traballo colectivo”, indicando como este tipo de resultados “axuda a mellorar a visibilidade da Universidade de Vigo no contexto da actividade científica mundial, especialmente no ámbito agroalimentario”. Esta visibilización internacional, engade, “é importante para o prestixio da institución de cara á captación de estudantes, á participación en consorcios ou estruturas de investigación a nivel internacional ou a atracción de talento internacional, por exemplo”. "Na carreira polo coñecemento, o capital humano é fundamental", afirma o investigador.
Jesús Simal, doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, é director do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias da UVigo, especializado en separacións cromatográficas, técnicas de bioloxía molecular e proteómica, e investiga sobre a distribución de contaminantes químicos orgánicos agrícolas e ambientais na cadea de produción de alimentos e sobre a mellora da calidade sensorial y funcional de alimentos. Na súa dilatada traxectoria ten sido por máis de dez anos director científico do CIA3 (Centro de Investigación Agro-Ambiental e Alimentario); membro do Comité Científico da Agencia Española de Consumo, Seguridad Alimentaria y Nutrición; director do Departamento de Química Analítica e Alimentaria e vicerreitor de Internacionalización. Recentemente elixido académico de número da Real Academia de Farmacia de Galicia e premiado coa medalla da Real Academia de Galicia 2020 Antonio Casares Rodríguez, é presidente da Asociación Internacional de Nutrición y Seguridad Alimentaria.
Outro dos investigadores que no Highly Cited Researchers 2020 ten á UVigo como primeira afiliación é Francisco J. Barba. O seu nomeamento como investigador honorífico desta Universidade levarase, despois de ser aprobado en comisión de investigación, a aprobación na sesión de Consello de Goberno que se celebrará o vindeiro venres. Licenciado en Farmacia e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Barba é doutor europeo pola Universitat de València, onde actualmente é profesor. Ten participado en diversos proxectos de investigación nacionais e internacionais, froito dos cales ten máis de 250 artigos en revistas de alto impacto na área de ciencia e tecnoloxía de alimentos. Xa en 2019 foi Highly Cited Researcher. Actualmente colabora con Jesús Simal en diferentes liñas de investigación de valorización de subprodutos da industria agroalimentaria mediante procesos non convencionais para a extracción de nutrientes e compostos bioactivos e a avaliación do procesado non térmico sobre características nutricionais e compostos bioactivos de alimentos.
No caso de Seid Mahdi Jafari, o Consello de Goberno da UVigo do próximo venres tamén abordará a convocatoria, aprobada na mesa de negociación do 2 de novembro, do programa de captación de talento investigador de excelencia para a contratación a tempo parcial dun director científico para a creación dun laboratorio ibérico alimentario entre a Universidade e o Politécnico de Bragança. Seid Mahdi Jafari, doutor en Enxeñaría de Procesos de Alimentos pola University of Queensland (Australia), ten traballado en nanoemulsificación e nanoencapsulación de ingredientes bioactivos de alimentos durante os últimos 15 anos. Membro académico da Gorgan University of Agricultural Sciences and Natural Resources (Irán), ten publicado máis de 250 artigos en revistas internacionais e 60 capítulos de libros xunto coa edición de 36 libros. En 2015 foi galardoado como un dos mellores científicos do 1% do mundo por Thomson Reuters no campo das ciencias biolóxicas e en 2017 foi seleccionado como un dos principais investigadores nacionais polo Ministerio de Ciencia, Investigación e Tecnoloxía de Irán. Xa formou parte da listaxe HCR de Clarivate en 2018 e 2019.
Por último, Jianbo Xiao é o candidato seleccionado na resolución provisional do programa de captación de talento HCR da UVigo 2020, cuxa convocatoria foi aprobada no Consello de Goberno celebrado o pasado mes de setembro. Jianbo Xiao é doutor en Nutrición pola Okayama Prefectural University (Xapón). Ten traballado na University of Würzbug (Alemaña) e na Unversity of Macau (China), é editor xefe de Food Frontiers (Wiley), editor asociado de Food Chemistry and Journal of Berry Research e membro do consello editorial de 13 revistas indexadas por WOS en ciencias da alimentación. A súa liña de investigación céntrase no eido da estabilidade dos polifenois dietéticos e os seus beneficios. É a cuarta vez que é incluído na listaxe de Clarivate Analytics Highly Cited Researchers desde 2016.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL