Case un ano despois, as Tanxugueiras voltaron á sala que viu por primeira vez o directo de Contrapunto. Daquela foron varios os días que estiveron alí para poder ter todo a punto para a estrea e gravar o que sería un pequeno documental sobre o seu novo disco. Naquel concerto a xente arrecontrachegábase, bailaba ó carón do escenario e desfrutaba , bebida en man, do espectáculo.
Once meses despois, nin unha pandemia mundial foi quen de evitar que as Tanxugueiras chegasen unhas cantas horas antes do concerto á Sala Rebullón (Tameiga, Mos) para preparar todo, nin que se volvese gravar dentro do auditorio. Nin que o público asistente, limitado a 60 persoas e con distancia de seguridade, gozase do espectáculo e, incluso, se puxese a bailar; iso si, lonxe do escenario e en cadansúa cadeira.
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro (nas voces e pandeiretas) e Isaac Palacín (na percusión) voltaban para facernos desfrutar con Contrapunto.
O espectáculo comezaba có son das campás e ao grito de “Que vivan os noivos!”, acompañado cun xogo de luces exquisitamente coidado e unha posta en escena tal, que o público non sabia se aplaudir ao remate de Maltraer ou esperar, coma se de un cambio de movemento dunha sinfonía se tratase, en rigoroso silencio a que comezase Autocracia. Aclaradas as dúbidas, e tras a interpretación de Oleró, xa se podían ver algún que outro pé contaxiado polo ritmo da música, o cal acabou derivando en decenas de cadeiras balanceándose ao son de Perfidia, tema no que incluso o público non podía evitar lanzar algún que outro aturuxo. No repertorio non faltou ningún tema do seu último disco, ao que tamén se lle sumaron os grandes éxitos do seu primeiro traballo (Tanxugueiras, 2018) como Que non mo neguen, Non che sei ou Ai a ribeira, no cal foi o público quen conseguir sorprender ás intérpretes pola súa boa afinación, incluso a dúas voces.
Ademais de contar cunha gran calidade musical, as Tanxugueiras fan que a súa espontaneidade sexa unha guinda máis ao directo, onde nin sequera Palacín podía evitar rir con algún dos comentarios das pandereteiras. So cun bo ambiente coma ese se pode dar a situación na que Olaia, mentres tentaba presentar con gran emoción o tema de Irmandade, se vise interrompida por unha gargallada dun asistente ante unha broma feita por Sabela anteriormente e lle dixese a este, “nada, ti sen presión, nos esperamos a que se che pase” e conseguir que todo o público comezase a rir tamén.
Fan música tradicional, pero son mulleres do seu tempo, por iso o espectáculo remata cun Tanxureggae, un reggae cunha letra feita a partir de frases das cancións que forman parte do seu repertorio e que lles permite desfacerse dos pés de micro para deixarse levar pola música e animar, por última vez no concerto, a que o público goce con elas.
Tanxugueiras son tres voces potentes e percusión, son emoción, que atravesa os metros de distancia de seguridade e viaxa por cada unha das cadeiras para chegar a calquera tipo de público, xa fosen nenos, nenas, pais, nais, fotógrafos, técnicos ou o mesmo Carlos Nuñez, quen tampouco se quixo perder onte a oportunidade de desfrutar da volta destas tres cantareiras á Sala Rebullón de Tameiga.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL