O BNG volveu demandar hoxe que o Goberno municipal de Vigo atenda as peticións do Comité de Empresa de Vitrasa no que ten a ver coas medidas preventivas para evitar contaxios por coronavirus nos buses urbanos.
O concelleiro, Xabier P. Igrexas, instou ao executivo local a supervisar a instalación de mamparas de protección nos buses para asegurar a súa homologación. “Non temos certeza nin seguridade de que reúnen as especificacións técnicas para ser eficaces na prevención de contaxios, protexendo o persoal condutor e as viaxeiras e viaxeiros, e que non afecten negativamente á condución”, explicou.
Desde a fronte nacionalista defenden a necesidade dun maior reforzo do servizo de buses, con máis vehículos para aumentar as frecuencias nas principais liñas co obxectivo de alixeirar o número persoas viaxeiras e permitir que se garde a distancia social de seguridade.
Como medida adicional, Igrexas propón que o Concello estude a instalación de máquinas canceladoras para a tarxeta Pass e moedeiro tamén no acceso traseiro dos vehículos, que agora é o único habilitado, como xa sucede noutras cidades europeas. Con esta medida sosteñen que podería desconxestionarse o acceso de viaxeiros e a súa mellor distribución nos buses, evitando aglomeracións.
O Bloque tamén expresou o seu apoio á demanda do Comité de Empresa de Vitrasa para que se manteñan os servizos hixiénicos, instalados por causa do estado de alarma en diferentes puntos da cidade, para uso do persoal condutor. “É unha vella reivindicación do persoal e cremos que non ten sentido retiralos cando por fin se instalaron”, defenden.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL