O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas dúas asociacións de comerciantes existentes no municipio, veñen de facer unha valoración positiva da primeira semana de apertura de comercio minorista e terrazas. O maior movemento notouse, sen dúbida, no casco urbano, pero noutras zonas comerciais como a da Tabernanova tamén se empeza a notar esa volta á nova normalidade pouco a pouco.
Durante esta primeira semana volveron a abrir as súas portas en torno a un 90% dos comercios minoristas de Salceda que permanecían pechados, e que se suman deste xeito aos comercios considerados de primeira necesidade que mantiveron abertas as súas portas dende o inicio da crise: supermercados, froiterías, droguerías, etc. Destacou sen dúbida, nesta primeira semana, a intensa actividade que tiveron os salóns de perruquería e estética, todos eles cumprindo e facendo cumprir as máis estritas medidas de seguridade, que foron acollidas con total normalidade e comprensión por parte da clientela.
En canto ás terrazas, inicialmente abriron en torno a un 60% das existentes no municipio, aínda que esa cifra foi aumentando segundo avanzaba a semana e chegaba o bo tempo, ata situarse en torno ao 70%. Sen dúbida este está a ser o sector que carrexa máis preocupación ao comité de seguimento do COVID 9, incidindo dende o mesmo na enorme importancia de que a veciñanza siga a manter a distancia física de seguridade e as medidas de hixiene precisas, e que por parte do sector hostaleiro se incida sobre a súa clientela para que así sexa, pois a posibilidade de desfrutar das terrazas está levando consigo en moitas ocasións que as persoas se esquezan por momentos de que segue a ser máis importante que nunca manter as medidas de seguridade.
A hostalería conta co apoio do Concello, que tendo en conta as limitacións coas que van a seguir contando as terrazas durante moito tempo, veñen de adoptar o acordo de eximir ao sector de pagar a taxa de terrazas durante o que resta de ano, e que ven a sumarse ás demais medidas adoptadas no Plan de medidas económicas aprobado o 25 de Marzo, 11 días despois de decretarse o estado de alarma: suspensión e aprazamento dalgunhas taxas, posta en marcha dunha plataforma online, servizo de asesoramento directo a persoas autónomas, campañas de apoio ao comercio, etc..., así como a posta en marcha da campaña “o teu comercio de sempre, con toda a seguridade” que luce na maioría do comercio de Salceda. Tamén ACISA traballa en iniciativas de fomento do comercio local que verán a luz nos vindeiros días.
Verónica Tourón, concelleira de Comercio, destaca “o comercio está a realizar unha volta ao traballo de xeito organizado e sen incidencias, sabendo adaptarse ás novas necesidades e á nova realidade que se está a instaurar, polo que dende o Concello non podemos máis que felicitar o seu bo traballo”
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, apunta que “nesta nova fase faise máis importante que nunca seguir apelando á responsabilidade individual das persoas. Rematamos a fase 0 cun total de 10 casos en Salceda, e é un moi bo dato que só é posible manter se actuamos con conciencia e precaución”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL