O Bloque Nacionalista Galego anunciou onte luns que se dirixirá ao Comité de Seguimento Municipal da COVID19 para instar o Goberno municipal de Vigo a que reforce as medidas preventivas para evitar contaxios por coronavirus no servizo de transporte urbano. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, recolleu as preocupacións que lle trasladou o comité de empresa de Vitrasa en relación a dúas cuestións que xulga de “enorme importancia”: reducir o aforo dos buses e reforzar a limpeza e desinfección dos vehículos.
En relación ao aforo, Igrexas suxire que se estude unha maior redución para evitar a masificación dos vehículos. “Neste momento o aforo dos buses da cidade está limitado ao 50% da súa capacidade total o que significa que nos buses de 12 metros terían permitida a entrada máis de 40 persoas en apenas 20 metros cadrados de superficie útil, o que non garante a distancia mínima de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias”, explicou o portavoz municipal nacionalista. A este respeito alertou de que xa está a comprobar nestes días que en algúns buses a falla de espazo está a provocar unha maior exposición ao contaxio. No entanto, desde o Bloque instan a que a redución de aforo se acompañe do reforzo co número de vehículos necesarios para garantir que as viguesas e os vigueses poidan facer uso do autobús nos desprazamentos indispensábeis.
Por outra banda, o edil considerou fundamental que o Goberno municipal lle requira a Vitrasa o reforzo dos servizos de limpeza dos buses, para garantir que cada vez que se inicia unha nova quenda de traballo e hai relevo no persoal condutor, se desinfectan tanto a cabina como as superficies de contacto.
Ademais, desde a fronte nacionalista suxiren que o Concello estude a maneira de evitar que o feito de que unha persoa non teña saldo na tarxeta Pass ou na tarxeta moedeiro, que son as únicas formas de pago permitidas, non supoña que se lle impida facer uso. “Non ter saldo de maneira puntual, nun momento onde vemos como en moitas ocasións os caixeiros automáticos onde se poden recargar están saturados e con longas fileiras, non debera ser impedimento para utilizar o bus”, defenden.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL