A comunidade universitaria da UVigo uniuse este martes ás concentracións simultáneas celebradas nos sete campus galegos en defensa do sistema universitario público galego e contra a creación da primeira universidade privada en Galicia. A protesta foi convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública conformada polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e das estudantís Erguer, Anega, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes. Tamén os tres reitores galegos manifestaron publicamente o apoio a estas demandas a través dun comunicado conxunto no que sosteñen que “non existe a necesidade de novas universidades en Galicia” e demandan máis apoio para o Sistema Universitario Galego.
No campus de Vigo estudantes, docentes e persoal de administración e servizos déronse cita ante a Reitoría xunto con representantes sindicais e políticos, como o deputado do BNG Luis Bará. Un grupo de alumnas e alumnos foros os encargados de ler un manifesto no que denuncian que “a decisión de mercantilizar un ben universal de repercusión social como é a educación é unha manifestación contra a igualdade de oportunidades, porque aceptar unha universidade privada é aceptar a venda de títulos universitarios atendendo á capacidade económica e non aos méritos e capacidades de cadaquén”.
Tamén demandaron á Xunta de Galicia un financiamento “digno e razoábel” para as tres universidades públicas, “aspirando a taxas de inversión acordes con países desenvolvidos e que permitan ás universidades desenvolver a súa misión con mínimas garantías e sen precariedade”. Neste sentido, fixeron fincapé en que “unha administración autonómica non pode deixar de protexer o sistema público de educación, permitindo unha universidade privada que carece dun mínimo índice de calidade, o que vén significar un castigo a un sistema público que si acreditala posuílo”.
Tamén os campus de Ourense e Pontevedra acolleron concentracións dos membros da comunidade universitaria con representación da clase política co obxectivo común manifestar ao seu rexeitamento á creación da primeira universidade privada en Galicia e de defender o ensino superior público.
Os reitores das tres universidades públicas emitiron tamén este martes un comunicado conxunto en defensa do Sistema Universitario de Galicia. No texto, asinado por Manuel Reigosa, reitor de Vigo; Julio Abalde, reitor da Coruña e Antonio López, reitor de Santiago de Compostela, reafírmanse en que “non existe a necesidade de novas universidades en Galicia” e agradecen á Plataforma pola Defensa da Universidade Pública “o seu compromiso e apoio”. Explican no texto que non lles asusta "competir coa iniciativa privada”, pero si lles preocupa que a competencia sexa “desigual” e non se traballe coas mesmas condicións nin se establezan resultados comparables.
Lembran que as prazas ofertadas polas tres institucións galegas “permiten á cidadanía estudar practicamente calquera titulación de grao que desexen” e o mapa de titulación atende ás demandas sociais de formación, axustando de continuo as titulacións de grao e de mestrado e mantendo ademais os prezos públicos máis baixos de España. Fronte á iniciativa privada, os reitores pensan “que os esforzos dos cidadáns, a través dos seus impostos, deben ir encamiñados a fortalecer o actual sistema universitario público. Pensamos que entre todos temos construído un sistema forte, competitivo e ben artellado, e aspiramos a melloralo aínda máis facendo que sexa eficiente, eficaz e sostible economicamente. Para iso precisamos urxentemente dun novo sistema de financiamento que proporcione autonomía, suficiencia e estabilidade financeira e que permita afrontar efectivamente os custos estruturais así como financiamento polos resultados obtidos polas nosas institucións”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL