ENTREVISTA
Santiago de Compostela | Ángel Vila
Que balance fai da primera edición de Fest Galicia?
A intención da Xunta ao crear esta marca era darlle un impulso a maiores das axudas que xa estábamos a ter en concorrencia competitiva e facer unha selección a través de concurso público de varios festivais. Tiñan que cobrar entrada, estar feitos por unha empresa ou con criterios empresariais, cun orzamento subvencionable mínimo de 100.000 euros e que se celebraran en época estival. Cos dez que se presentaron comezamos a construír Fest Galicia. Todo saíu no primeiro ano, pero foi apurado e fomos construíndo o proxecto ao longo do ano.
Que busca Fest Galicia?
Buscamos a profesionalización e a sustentabilidade no futuro. Amais desenvolvemos accións de difusión da lingua galega, de coidado ambiental, de políticas de xuventude e de accións de igualdade. Outra pata, que queremos darlle mais pulo é ap ámbito estratéxico. Fixemos un estudo en cinco dos dez festivais que partiu dunha tese doctoral. Editamos o libro e nese diálogo cos festivais patexamos isto como unha acción estratéxica. Tamén estamos co manual de boas prácticas -sobre o que ten que ter un festival excelente no campo medioambiental, de igualdade, de pago aos provedores ou de trato aos artistas-. E noutro tema que queremos traballar é un plan estratéxico para os festivais de Galicia. Tamén queremos saír de Galicia e facer presentacións fóra coa plataforma Fest Galicia.
Fala de igualdade, medioambiente... Pódese educar ás novas xeracións a través de festivais de música?
Temos un reto. Nos espectáculos culturais hai pouca presenza do espectro dos 18 aos 35 anos. Os festivais son un exemplo no que estes grupos de idade teñen unha presenza masiva. Hai que aproveitar a capacidade comunicativa destes eventos, por suposto.
Este 2019, haberá eventos novos no roteiro Fest Galicia como O Son do Camiño?
Todas as decisións son agora consensuadas, non podo anticipar esta incorporación.
Pero valórase ampliar o número de festivais que forman parte...
Fest Galicia non pode ser un coto cerrado. Quizais pódese facer cada dous anos [a ampliación de festivais adheridos], pero é unha decisión que temos que tomar entre todos.
Terá continuidade O Son do Camiño máis alá do Xacobeo 2021?
Esperamos que si.
Houbo críticas polos cartos públicos de axuda directa ao festival...
Poderíamos investir eses cartos en traer a Barack Obama. En facer a saída da Volta a España. En facer un partido da NBA... Se me preguntan, eu prefiro que eses cartos se invistan en cultura.
Na primeira edición celebráronse concertos nas seis cidades ao abeiro de O Son do Camiño. Ampliaranse eses eventos?
Está en debate. Dende logo me reafirmo na vontade de que o Xacobeo non pase soamente en Santiago. Pero non sei como se vai aplicar. Vanse seguir facendo cousas fora de Santiago? Por suposto, pero hai que ver o formato de como se vai facer.
A Xunta creou a marca Fest Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. No primeiro ano, o 2018, englobou a dez festivais: seis nas rías baixas (PortAmérica, SinSal, SonRías Baixas, Vive Nigrán, Revenidas y Atlantic Fest), dous na Coruña (WOS Festival y Festival de la Luz), un en Lugo (Resurrection Fest) e outro en Ourense (17ª Ribeira Sacra).
Por que non unha plataforma similar para os festivais de cinema, que na área de Vigo temos moitos e moi populares?
Fest Galicia ten moita implicación dos festivais, que teñen unha visión empresarial que as veces nos festivais de cinema non se ten. Non está enriba da mesa, pero non o descarto. Con todo, non está contemplado.
En que novidades se traballa para o Xacobeo?
Nós agora somos unha consellería na que temos moi claro o camiño que temos que seguir. Cultura e turismo teñen os seus campos diferenciados pero hai algo en común e o seu máximo expoñente é o Camiño de Santiago. Hai iniciativas como O Son do Camiño, un gran evento que non había e que foi moi exitoso e que será a base. Tamén están as axudas para proxectos de empresas, asociacións e concellos para espallar o Xacobeo por toda Galicia. O Xacobeo é importante non polo que pasará en 2021, que tamén, senón para o que hai que construír para os anos seguintes. Esa é a filosofía. Até 2021 haberá máis cartos, pero a idea e empregar eses cartos para fortalecer estruturas e que non pase como no pasado que despois non se pensa en facer cousas máis adiante.
O Agadic está obsesionado con lembrar que a cultura non é gratis. Como se fai o equilibrio de cobrar por entrada e facer a cultura á vez accesible?
Hai unha frase que non é miña aínda que non que a dixo: “a cultura non debe ser gratis, debe ser accesible”. Son cousas diferentes. Se hoxe o Concello de Santiago programa nunha praza gratis a Xoel López, como vai rendabilizar Esmerarte despois calquera concerto?. Quen vai pagar por algo que sabes que será gratis?. Por filosofía, aínda que sexa un euro, hai que pagar. Dálle valor. Despois se poden aplicar medidas para estudantes, parados ou xubilados. Se non somos quen de darlle valor a cultura o seu futuro é negro. Os festivais de música son un exemplo de éxito. Teñen un mix de financiación público-privada. Se a iniciativa cultural está soamente na administración mal imos.
Cales son as fortalezas do sector cultural galego?
Nas competencias da Agadic, en música temos embaixadores moi bos galegos como Xoel López ou Carlos Núñez. Temos uns festivais que aínda que son pequenos teñen un amplo apoio do público e da crítica. Temos xente de produción boísima en Galicia. Son espectaculares. No ámbito escénico temos compañías que son exemplo como Chévere que enche teatros cobrando 15 euros, ou Voadora, cunha carreira fóra de Galicia espectacular. Son competitivas. E no ámbito audiovisual temos a Oliver Laxe que cada vez que fai unha película ten un premio en Cannes -que é tremendo-, temos a Vaca Films, a ZircoZine, Vía Láctea Films... Temos unha industria con capacidade. Temos Ficción en "Vivir sin permiso" de Telecinco ou Bambú con "Fariña", que conta sempre con equipos galegos. Bambú fixo unha produción na que, como dixo Carlos Blanco, dos 128 actores que había 120 eran galegos. E despois temos compañías de teatro que quedan en Galicia e que son tamén moi importantes.
Galicia non é soamente terra de mar, tamén somos cultura...
Somos cultura e temos unha paisaxes que son un reto. Temos que crear algún tipo de ferramenta para atraer rodaxes a Galicia. Se a Ribeira Sacra estivera en Tailandia todos flipábamos. O Castelo de Soutomaior é unha pasada. Hai que traballar nesta liña.
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL