Vigo conta dende hoxe cun novo concerto de verán. Non é en Castrelos, senón que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo. Gilberto Gil, símbolo da música popular brasileira, ofrecerá o martes 16 de xullo no Auditorio Mar de Vigo o seu único concerto en Galicia e o terceiro que dará na Península. O que tamén foi ministro de Cultura de Brasil para na urbe galega para presentar o seu novo disco “Ok ok ok” (2018), co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida.
Con este novo traballo, Gilberto Gil volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. Gil xa non ten medo da morte. Tampouco da vida. E así inaugura unha nova fase na súa carreira. É o primeiro álbum da súa vellez, co que volve ao nivel da xenialidade. Mais isto non lle afecta ao seu directo, no que estará acompañado dunha excelente banda e unha das revelacións musicais no Brasil contemporáneo, Roberta Sá.
Gilberto Gil ten o don de incorporar todos os aspectos do cotián á súa obra. Da convivencia familiar aos movementos políticos, sociais ou culturais. Todo é inspiración para el. O artista xa cantou o cancioneiro nordestino, xa cantou o adianto tecnolóxico e seus impactos na aventura humana. Xa somerxeu nas profundidades do ser e celebrou a festa e a fe.
“Ok ok ok” trae a familia, os encontros do núcleo íntimo de amizades, a doenza que sufriu e aqueles que o axudaron a pasar por ela. Ao mesmo tempo, cuestiona a necesidade do posicionamento que lle é esixida pola sociedade. A produción musical do fillo Ben e a participación de amigos e familiares destaca o aspecto íntimo da obra.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL