En poucas palabras, por que as veciñas e veciños da Guarda deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
O primeiro motivo é o traballo que levamos feito nesta lexislatura, o noso traballo como aval. Temos unha candidatura a disposición dos veciños conformada por un grupo solvente que garante estabilidade, cohesión, capacidade e compromiso co avance social. Estas dúas cuestións son fundamentais. E, como terceira, sería o programa ambicioso para a próxima lexislatura.
No caso de continuar como alcalde, como imaxinas A Guarda dentro de catro anos?
Hai que ter en conta que a administración vai moi lenta. O que fixemos foi non establecer un punto de inflexión no remate da lexislatura. Estamos traballando agora mesmo como estabamos fai un ano. Imaxino unha Guarda que xa teña rematada unha escola infantil municipal; unha Guarda na que a autovía de Goián a Tui estea en obras; unha Guarda na que teñamos avanzado para conseguir o auditorio que tanto precisamos; unha Guarda na que teñamos modificado o PXOM para ter chan dotacional na zona da piscina, cun proxecto pechado para a finca de Fínola -non executado, por suposto- e que teñamos aberta a rúa Baixo Muro cara a rúa Ireira. E por suposto, consolidada a Praia da Lamiña que nos está a dar tantos problemas.
Cales son os retos culturais que ten A Guarda?
Seguen na liña na que estamos. Temos un ritmo frenético e temos equipo para elo. Imos escoitar as asociacións culturais, sociais, deportivas e xuvenís para ver se hai que modificar en algo a orientación das actividades.
Teme a fragmentación do voto este domingo?
Hai máis actores políticos, pero non sei se están máis reñidas. Todos os políticos que se presentan, salvo Ciudadanos, xa se tiñan presentado aínda que con outros nomes. Pero esa fragmentación ten un perfil máis cara ao PP que cara a nós. Temos a esperanza de manter ou incluso mellorar os nosos votos.
Cal sería un bo resultado?
A nosa aspiración é mellorar o número de votos. Se logramos mellorar o número de votos gustaríanos mellorar polo menos un concelleiro. Estamos en disposición de facelo.
E un malo?
Sería baixar en número de votos. Se baixamos pouco non, pero se perdemos concelleiros sería un mal resultado.
Gobernou en minoria. Buscará un pacto de goberno para facilitar a estabilidade se gaña pero non logra a maioría absoluta?
Eu non lle chamaría falta de estabilidade. O goberno é moi estable aínda gobernando en minoría. Moito máis estable que o anterior goberno de coalición que tivemos de Converxencia Galega e o Partido Popular que acabou por rebentar a metade de lexislatura. Pero ao gobernar en minoría tes que negociar pactos puntuais e pasamos toda a lexislatura falando para logralo. Creo que non nos foi mal, aínda que as veces os grupos non tiveron visión institucional. Aprobamos dous orzamentos e sacamos adiante practicamente todos os temas importantes. Se os resultados saen como temos previsto, intentaremos gobernar en minoría negociando pactos puntuais.
Cal debe ser o modelo económico da Guarda, o turismo?
Os modelos económicos dependen as veces de factores externos. Somos unha economía baseada na pesca que despois comezou a diversificarse e o turismo foi crecendo. A pesca e o turismo son os dous sectores máis potentes de cara ao futuro. En turismo estamos moi ben posicionados e investimos moitísimo. No Trega en Mergelina investimos máis dun millón de euros, escavamos as salinas do Seixal, antes non había nada. Tamén o fixemos ben no apartado medio ambiental co punto negro por resolver da Lamiña. E promocionamos comercio e hostelería, pero é fundamental o acceso sur ao Porto da Guarda, tamén para a pesca. Estamos facendo de mediadores entre Zona Franca e Orpagu para facer un centro de traballo de procesado dos produtos que pescan. Estase facendo o estudo de viabilidade económica e penso que podería saír para adiante. Por esa vía hai posibilidades.
Estará a saída sur do Porto nesta lexislatura?
Imos intentalo. Vai depender única e exclusivamente da administración. Temos un proxecto con tres alternativas, tiñamos preferencia por unha que coincidiu tamén con Medio Ambiente da Xunta. Todas as consellerías emitiron xa informe menos unha. Cando teñamos todos os informes favorables tocaría buscar financiamento. Xa falamos coas Consellerías de Pesca e con Infraestruturas. Entre Xunta, Concello e Deputación temos que conseguir os cartos para esta infraestructura fundamental, que andan en dous millóns de euros.
A Guarda perde poboación dende 2011, como se debe afrontar este problema?
É un problema global de Galicia. Aquí perden poboación todos os concellos. Creo que o fundamental son as oportunidades que podemos dar á xente moza. Hai que xerar emprego e, algo que é máis fácil, comunicándonos ben cos centros de traballo que están fóra. Agora mesmo chegar aos polígonos do Porriño ou Nigrán, mesmo ao Hospital Álvaro Cunqueiro, é unha odisea. Rematar a autovía entre Goián e Tui é fundamental. As persoas que se van a vivir fóra porque traballan na área metropolitana de Vigo poderían vivir aquí. A Guarda é a vila do Baixo Miño que maior taxa de natalidade ten, que é un dato moi positivo.
Aposta pola creación dunha Eurocidade con Caminha?
Temos unha dificultade e a trasladamos a AECT que xestionará os fondos europeos. Pesamos que hai que levantar a vista e ter unha visión a longo prazo. O actual ferry, que é turístico, non funciona como medio de transporte fiable para manter relacións comerciais e empresariais. Así é moi difícil constituír unha Eurocidade e compartir servizos. O primeiro paso é empezar a traballar nunha comunicación para persoas e vehículos entre A Guarda e Caminha. Así está na estratexia da AECT, que se aprobará de inmediato. Hai que facer un estudo para saber cal é esa vía: un novo barco, unha ponte, un túnel... Hai que poñer as primeiras pedras para o futuro a longo prazo.
Que proxecto lle ilusionaría a Antonio Lomba?
Poderíame facer moita ilusión ter un auditorio, pero o acceso sur ou a comunicación con Tui son os que máis falta fan. É unha estrada e quizais non da tanta satisfacción persoal, pero son os proxectos que máis falta fan para o desenvolvemento económico da vila. Que a xente poida vir aquí e os de aquí poidamos achegarnos aos centros de traballo, universidade ou hospital é moi importante.
PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA–PSOE (PSdeG-PSOE)
1. ANTONIO LOMBA BAZ
2. MARIA MONTSERRAT MAGALLANES ALVAREZ
3. MIGUEL ANGEL ESPAÑOL OTERO
4. MARIA ELENA BAZ RODRIGUEZ
5. FATIMA RODRIGUEZ MARCOS
6. RAFAEL ALVAREZ MARTINEZ
7. MARIA ELENA CADILLA DOMINGUEZ
8. BARBARA DOMINGUEZ GONZALEZ
9. JOSE ANTONIO MORALEDA SANTOS
10. ISMAEL RODRIGUEZ VELASCO
11. CARLA VIZOSO MORALES
12. IVAN RODRIGUEZ GONZALEZ
13. MARIA DEL CARMEN COVADONGA MOSQUERA PEREZ
14. PAULINO RODRIGUEZ GONZALEZ
15. DIANA ALONSO CHAVER
16. MARIA TERESA VICENTE BAZ
17. JOSE MANUEL DOMINGUEZ FREITAS
Suplentes
1. MARCOS FREITAS BAZ
2. JOSE LUIS PACHECO GONZALEZ
3. CARMEN MARIA CASTRO GONZALEZ
4. PEDRO BORRAJO RIVAS
5. JULIA MARIA DE LA PURIFICACION SOBRINO GONZALEZ
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL