Co inicio do curso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo volve convidar a toda a comunidade universitaria a levar unha vida activa e saudable e para iso ofrece, a través do Abono Muver, toda unha serie de vantaxes que farán máis sinxela a práctica de actividades deportivas.
Este abono dá acceso ás instalación deportivas dos tres campus así como ás actividades dirixidas que se organizan ao longo do curso académico. O abono pode ser cuadrimestral, anual ou por meses soltos e está aberto tanto á comunidade universitaria e familia UVigo como a outras persoas e colectivos vencellados á institución, así como a persoas externas e os prezos varían segundo o colectivo ao que se pertenza e a duración da subscrición. No curso pasado foron máis de 2000 persoas as que adquiriron este abono nos tres campus, 1200 na opción de curso completo, 612 na modalidade cuadrimestral, 72 optaron por abonos mensuais e 142 polo abono de verán.
Para probar de balde as vantaxes que ofrece o abono, o vindeiro luns arranca unha quincena de portas abertas na Área de Benestar, Saúde e Deporte. Ata o vindeiro 29 de setembro os membros da comunidade universitaria terán acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura, isto é, salas cardio-fitness, tenis de mesa e pistas de atletismo en Vigo e Ourense, pistas de tenis tamén en Vigo e Ourense, muro de escalada e aluguer de bicicletas BTT en Vigo. Ademais tamén inclúe o acceso ás actividades dirixidas de fitness.
As persoas que adquiran o Abono Muver poderán contar cun programa de exercicio físico individualizado deseñado por parte do persoal técnico das salas de cardio-fitness e un seguimento antropométrico. Ademais, terán acceso de balde ás instalacións deportivas da Universidade de Vigo nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo). A maiores, contar co abono permite ás e aos membros da comunidade universitaria obter un desconto do 20% nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural, así como acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness.
Estas activades dirixidas comprende un programa diferente en cada campus. Así, en Ourense ofértase body pump (martes e xoves de 19:00h a 20:00h), ciclo indoor (martes e xoves de 20.00h a 21.00h), ioga (luns e mércores de 17:00h a 18:00h e de 18:00h a 19:00h), adestramento funcional (luns e mércores de 19.00h a 20.00h) e educación postural (luns e mércores de 20:00h a 21:00h). No campus de Pontevedra haberá bádminton (luns e mércores de 18h a 19.00h), pilates (luns e mércores de 19:00h a 19:45h), HIIT (luns e mércores de 20:00h a 20:45h), voleibol (luns e mércores de 20:00h a 21:00h) e baloncesto (luns e mércores de 21:00h a 22:00h).
Finalmente, no caso do campus de Vigo a oferta de actividades dirixidas comprende Core (luns e mércores de 15:00h a 15:50h), cross training (luns e mércores de 19.00h a 19.50h), iniciación ao jiu jitsu (luns e mércores de 20:00h a 20:50h), adestramento funcional (martes e xoves de 15:00h a 15:50h), ioga (martes e xoves de 13:15h a 14:30h) e iniciación á escalada en bloque (luns e mércores de 18:00h a 18:50h).
O prazo de inscrición para o abono cuadrimestral, anual ou para o correspondente ao mes de setembro xa está aberto. No que se refire aos prezos, as tarifas varían en función da duración e do colectivo. Para os membros da comunidade universitaria e familia UVigo o prezo anual é de 73,50€, para persoas pertencentes entidades vencelladas á UVigo é de 110,25€ e para persoas alleas á institución é de 189€. Para quen prefira o abono cuadrimestral, os prezos varían entre os 42€, os 63€ e os 105€ respectivamente. A inscrición mensual ten uns prezos que varían entre os 15,75€, 23,60€ ou 31,50€, que son os mesmos prezos que ten o abono de verán.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL