Con moita Estupidez Artificial e Sangre Carbón. Así foi a estrea da XXVI Miteu de Vigo, unha edición caracterizada polo regreso á mostra das compañías de fóra de Galicia. As representacións arrancaron esta semana con notable éxito de público coa obra ‘Estupidez Artificial’, da Aula de Teatro do Campus de Pontevedra, e de Sangre Carbón, da compañía Teatro El Mayal da Universidad de León.
A estrea foi o mércores coa obra Estupidez Artificial, dirixida por Omar Ferrín e Salvador del Río, unha peza que trouxo ao escenario do Vidal Bolaño un tema tan actual como o da Intelixencia Artificial, ferramenta chamada a revolucionar a maneira que os seres humanos teñen ou terán de relacionarse. Xa o xoves cambiouse o acento galego polo castelán coa representación da obra Sangre carbón, da Universidad de León, peza dirixida por Javier R. De la Varga, na que se achega ao público a historia dunha transgresión: a que comete Mara, a súa protagonista, para salvar a vida da súa irmá Marusina, “unha viaxe ao interior da terra e tamén ao fondo de si mesma, unicamente por amor”.
A vindeira semana volverase contar con dobre representación. O martes 23 será o día máis internacional coa participación da compañía colombiana Sin mente teatro, que representará Tomás, cuando el silencio es complicidad, dirixida por Germán Frasio Montegimeno e interpretada por Diana Rocha Torres, Edna Rocío León e Diego Cañón. A través da linguaxe corporal, actoral, visual, musical e o manexo de monicreques, esta obra brindaralle á persoa espectadora unha posta en escena cargada de imaxes e sensacións que transitan entre alegrías e penas.
O mércores 24 será a quenda dos anfitrións, a Aula de Teatro do Campus de Vigo, que representará Soño dunha noite de verán, baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa e coa participación dun elenco composto por máis dunha ducia de actores que levan meses preparándose para esta actuación.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL