Afondar en como a innovación “revolucionou” diferentes oficios tradicionais é o propósito central do ciclo que a Vicerreitoría do campus promove, co patrocinio do Consello Social da Universidade de Vigo, nas tardes dos próximos xoves. Combinando en cada sesión unha presentación dos oficios cunha exhibición dos procesos de traballo, esta actividade contará coa participación da deseñadora téxtil Inés Rodríguez, finalista en 2020 do Premio Nacional de Artesanía, a redeira Ángeles Mille e a ceramista Laura Delgado, recoñecida o pasado ano co Premio Artesanía de Galicia.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación desenvolverase os tres vindeiros xoves, de 17:00 a 20:00 horas, na Casa das Campás. Como explica o director de área adxunto á Vicerreitoría, Luis Torres, cada sesión combinará unha presentación dos procesos de traballo e da tradición ligada a cada oficio, “cunha parte de taller práctico”. Dando continuidade a unha iniciativa que o ano pasado permitiu achegarse á fabricación artesá de cestas, zocas e gaitas, estas xornadas poñen o foco en como “a partir da innovación, oficios tradicionais convertéronse en negocios que transcenden as nosas fronteiras”, como sinala Torres, que incide no interese que ten, no marco do proxecto de especialización Campus Crea, poder afondar “nas aplicacións da creatividade á industria” e en como estas tres artesás realizaron proxectos “para grandes empresas de sectores como o da moda”.
Ese é o caso da responsable de abrir este ciclo o vindeiro xoves 16, a artesá Inés Rodríguez, impulsora de Rir & Co, un taller de elaboración de tecidos artesanais con sede en Allariz. O traballo desenvolvido por esta deseñadora téxtil, tanto na confección de tecidos como na creación de pezas propias, foi recoñecido con distincións como o segundo premio á excelencia investigadora para mulleres no medio rural, que lle outorgou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en 2020, ano no que tamén foi finalista do Premio Nacional de Artesanía na categoría de emprendemento. Á semana seguinte, estas xornadas terán como protagonista á Ángeles Mille, presidenta da asociación de redeiras O Fieital, de Malpica de Bergantiños, quen afondará nas súas preto de tres décadas de traxectoria como redeira artesá e no uso das redes de pesca en ámbitos como a fabricación de complementos de moda.O ciclo pecharase o 30 de novembro coa participación Laura Delgado, responsable dun taller de cerámica en Cambre, desde o que ten realizado produtos para cociñeiros como Lucía Freitas e que en 2022 acadou o Premio Artesanía de Galicia por unha colección de vasos inspirada no entroido galego.
Estas xornadas enmárcanse na programación cultural da Vicerreitoría do campus, na que se insire tamén o ciclo Músicas para reCREAr, que o vindeiro mércores, ás 21.00 horas nun concerto con entrada gratuíta, traerá ao Teatro Principal o grupo Ailá, unha formación que aposta por achegar novas sonoridades á música tradicional galega.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL