O alcalde e candidato socialista á Alcaldía de Baiona, Carlos Gómez, aspira a reforzar a maioría progresista que permitiu poñer en marcha un goberno de esquerdas no concello miñorano despois de 15 anos. O actual rexedor agarda poder continuar coa “transformación” da vila apostando por un modelo de desestacionalización turística mentres defende que o seu compromiso cos veciñas e veciñas “non rematou”.
Pregunta. Que balance fai destes catro anos na Alcaldía de Baiona?
Resposta. Son catro anos difíciles e complicados derivados da problemática xerada pola pandemia, ademais doutros problemas no funcionamento interno da administración local. Pero creo que podemos facer un balance positivo, que non quere dicir que sexa totalmente satisfactorio. Estivo condicionado por unha situación inédita, pero creo que estivemos á altura das circunstancias e fomos quen de marcar as prioridades e de atender na maioría dos casos as diferentes necesidades dos veciños e veciñas.
P. Foi moi complexo gobernar na pandemia?
R. Este mandato marcou un antes e un despois. O paradigma do conxunto da sociedade mundial chegou a un punto de inflexión. As prioridades mudaron e tamén as inquedanzas. Para ben e para mal a pandemia condicionou o mandato.
P. Hai algún proxecto que che gustaría ter feito e que non se puido levar a cabo?
R. Estamos condicionados polos diferentes gobernos dende 2003 e 2004 sobre todo. A súa falta de inquedanzas e de proxectos de futuro que precisa unha vila tan importante como Baiona. Por exemplo, a redacción dun Plan de Mobilidade urbanística que se rematou no 2020 e que en 2018 foi financiado pola Deputación e o goberno saínte nin tivo a inquedanza de solicitar esa axuda. Axudou a lograr un Plan de Sustentabilidade turística en 2021 por importe de 2 millóns de euros. E permitiunos acceder aos fondos da Deputación e do ReacPon do 2022 que se traduciu no novo paseo de Pinzón. E para o proxecto de mellora da Praza Victoria Cadaval en Sabarís na convocatoria 2023.
P. Dos proxectos que se teñen feito, de cal está máis orgulloso?
R. Temos que estar orgullosos de todo. Falo dende asfaltar un camiño como da reforma do Paseo Pinzón ou do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) que vai cambiar o paradigma dun espazo precioso como é a Praza de Santa Liberata. Non podemos ter favoritos senón falar de necesidades. Creo que en catro anos demostramos que puxemos en marcha o proxecto de futuro de Baiona. Estamos pendentes ademais doutros proxectos como o Perte, no que xunto a Carballo buscamos un investimento de máis de dous millóns para un tema fundamental como é a auga, ou outro PSTD relacionado coa mellora do casco histórico. Podemos demostrar que houbo xestión e falamos de proxectos ambiciosos. Un goberno local ten que apostar pola transformación e a adecuación da vila ao ano 2023. Elixir un sería inxusto e irresponsable.
P. En poucas palabras, cales son as catro ou cinco claves polas que os veciños e veciñas deben apostar por vostede?
R. Porque creo que demostramos lealdade a Baiona e aos veciños e veciñas. Segundo, porque somos os únicos capacitados para acadar o obxectivo de transformar a nosa vila e adaptala ao século XXI atendendo ás demandas da veciñanza. Terceiro, ao mesmo tempo podemos demostrar que estivemos, estamos e traballamos para poder estar á altura das circunstancias no futuro. E cuarto, non marcamos diferenzas entre o centro da vila e as parroquias. Non cabe esquecernos de ningún veciño. Os orzamentos de 2023 son inéditos con paraugas social, non soamente para a xente maior senón tamén para todo o tecido asociativo e a xente nova.
P. Cal será o gran reto para o próximo mandato?
R. Apuntalar o proxecto. Xa no ano 2019 o diciamos, ten que garantir a transformación da nosa vila e adecuala ás necesidades e demandas dos veciños e veciñas e dun sector fundamental e transcendental como é o turismo. Somos os únicos que o podemos levar a cabo e os números están aí. Víñamos en plena decadencia entre 2004 e 2019. Nos encontramos cunha pandemia e logramos a recuperación de visitantes e a recuperación do espazo que corresponde a Baiona sendo referente nacional. Entre maio e outubro logramos un 80% de ocupación, datos que nunca se rexistraron na historia.
P. Fala de turismo. Un dos obxectivos do seu goberno era a desestacionalización, que medidas se buscan implantar?
R. É un tema que hai que tratar de xeito transversal. O turismo ten que ir da man da cultura, do deporte e do desenvolvemento urbanístico. Non precisamos facer tantos eventos no verán, pero si que ao longo de todo o ano se leven actividades culturais e deportivas que axuden á desestacionalización. No 2021, que aínda foi ano complicado tras a pandemia, os datos foron bos e xa no 2022 houbo datos claros: ao longo de todo o ano a ocupación media foi mellor que en prepandemia. Temos que ser máis ambiciosos e atrevidos de cara a organizar un calendario anual con todos os eventos que cumpran coa finalidade de desestacionalizar.
P. Nesta lexislatura naceron eventos como La Recta, que outras propostas hai para os próximos catro anos?
R. É importante facer un pequeno paréntese e falar da nosa festa de interese turístico internacional. Fomos quen de mostrar xa no 2022 e de xeito definitivo en 2023 que fomos quen de organizar con criterios lóxicos e obxectivos a Arribada doutra maneira e acadar os mellores rexistros ao longo da historia. Temos que agora facelo noutros eventos como poder ser La Recta, que o que fai é un guiño a nosa historia relacionada directamente co turismo e nos puxo no mapa nacional de creación de eventos musicais. Nos posicionamos xa como un referente neste tipo de eventos. Cara o futuro hai que seguir nesa liña. Temos un capital humano importantísimo como son os nosos restauradores e temos unha débeda con todos eles e hai que facer un evento gastronómico de nivel para diversificar a nosa oferta.
P. Falaba da Arribada, tedes previsto máis novidades despois dos cambios deste 2023?
R. Estamos obrigados a ir mellorando. Unha festa de interese turístico internacional é unha responsabilidade e cada vez temos que ser mellores a adaptándonos ás diferentes demandas. Marcamos un antes e un despois en canto á calidade e cantidade, pero non quere dicir que debemos quedar de brazos cruzados. Iso o fixeron as anteriores administracións condenando a Arribada a morrer do seu propio éxito. Teño claro que no 2024 imos ter novidades importantes dende a perspectiva cultural sobre todo.
P. Xa que menciona aos gobernos anteriores, como valora o regreso de Vázquez Almuiña?
R. Creo que esa valoración a terá que facer o señor Almuiña. Se tiramos de hemeroteca el falaba que rematara o seu paso pola política local. Presentouse a unhas eleccións deixando tirado ao Concello para ir á política autonómica e despois deixou tirados aos galegos no medio dunha pandemia deixando Sanidade. Na Autoridade Portuaria a súa xestión foi nefasta e agora volve de volta sen querer. Presuntamente non quere. Non o digo eu, díxoo el. Non quere estar aquí, está desganado... con el o futuro de Baiona é tan negro ou máis que o período de 2004 a 2015.
P. Di que Almuiña está desganado, como afronta vostede a reelección?
R. O que podo dicir é que estou porque quero. Ninguén me obriga. O meu compromiso cos veciños de Baiona non rematou. Podo asegurar que a gañas e ilusión ninguén me vai a gañar. Os que nos leen o que van ter seguro e que eu, que vou intentar seguir sendo alcalde, pasado mañá non me vou marchar e deixar aos veciños e veciñas tirados. Podo aseguralo ao 100%.
P. Cal sería un bo resultado?
R. O mellor resultado é lograr a maior cantidade de votos. Como partido de goberno aspiramos á maioría absoluta. Coa defensa da nosa xestión e programa temos que tratar de convencer aos veciños e veciñas para que o 28 de maio voten pola mellor opción que é o PSdeG-PSOE.
P. Como foi a experiencia dun goberno tripartito?
R. É unha experiencia impagable. Sobre todo a xestión de dez egos, tres forzas diferentes... de entrada dende o punto de vista persoal foi unha aprendizaxe. Coas nosas diferenzas, que as houbo, fomos quen de facer catro anos de goberno sen demasiadas discrepancias e con lealdade. O único que podo dicir e que se eu sei o que hoxe sei houbera pagado por ter a experiencia destes catro anos. Os compromisos de 2019 na súa maior medida foron levados a cabo. A valoración é positiva.
P. Que se xoga Baiona o 28 de maio?
R. Xógase o seu futuro. Creo que demostramos que viñemos a traballar para facer unha Baiona mellor, que estaba en plena decadencia, que estaba na auténtica desidia, cuns gobernos que non estaban para tomar decisións en pro da decisión da nosa vila, senón para quentar sillón e cobrar todos os anos. Baiona merece un bo grupo de persoas que pensen e traballen para os veciños e veciñas. Ese é o compromiso de Carlos Gómez e o seu grupo. O das 20 persoas que forman a nosa lista.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL