O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar este mércores o seu programa aberto con 629 propostas concretas para trazar un novo rumbo na cidade de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. A fronte nacionalista suma na súa alternativa “en positivo” achegas e ideas recollidas durante máis de 50 encontros con diferentes colectivos e no que participaron varios centos de persoas e dun proceso participativo en redes sociais.
"Elaboramos o noso programa a pé de rúa, barrio a barrio e parroquia a parroquia, tratando directamente co tecido asociativo, para ofrecer unha proposta política ambiciosa pero, sobre todo, solvente e rigorosa que coñece en detalle as necesidades reais da cidade”, explicou o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que avanzou que o documento segue aberto até as eleccións para seguir incorporando ideas durante os encontros que van desenvolver as nacionalistas nos vindeiros días.
Igrexas asegurou que este programa é “unha folla de ruta” coa que o BNG busca definir “un novo horizonte” para Vigo que supere a actual “inercia paralizante”. Un documento que se divide en cinco coordenadas básicas para levar ‘Vigo máis alá’: avanzar cara unha cidade máis habitábel e moito máis verde, igualitaria e socialmente xusta, que volva ser pulmón industrial e produtivo de Galiza, que sexa de novo referencia como vangarda na creación cultural e que asuma o seu papel como maior cidade galega e motor de todo un País.
“Son propostas que buscan dar resposta ás innumerábeis necesidades desatendidas estes últimos catro anos por un Goberno que deixou 436 millóns de euros sen gastar dos orzamentos municipais”, defendeu o candidato do BNG, que chamou a trazar un novo rumbo para a cidade “na certeza de que Vigo, de que as viguesas e vigueses merecen máis que propaganda e anuncios que acaban en promesas incumpridas”.
Igrexas anunciou que a fronte nacionalista irá debullando durante os vindeiros días as principais propostas de cada eixo programático, mais chamou a veciñanza a seguir trasladando as súas ideas para a cidade. “Queremos elaborar o programa do mesmo xeito que defendemos que se debe gobernar Vigo: escoitando e dialogando de maneira permanente”, reiterou o cabeza de lista, que lembrou que “as transformacións que fixeron avanzar a cidade foron sempre empurradas desde abaixo e resultado da suma de vontades”.
O candidato do BNG mostrouse convencido de que “sumando en positivo, entre todas e todos, imos facer posíbel que a cidade volva avanzar”. “Con firmeza nos nosos principios e nas nosas ideas pero con disposición a incorporar outros puntos de vista, sabendo que os retos e as necesidades que enfrontamos esixen de respostas dinámicas, lonxe das rixideces do actual autoritarismo”, remachou.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL