O Bloque Nacionalista Galego promoverá “máis participación e codecisión veciñal” co obxectivo de poñer fin ao "abandono dos barrios e parroquias da cidade". Así llo trasladou o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, a representantes do movemento veciñal nun encontro realizado esta tarde en Coia.
Igrexas afirmou que “un BNG determinante seremos a garantía de que deixe de haber vigueses e viguesas de segunda para o Concello, asegurando que se atenden as necesidades da veciñanza en todo o territorio da cidade”. O candidato nacionalista criticou con dureza a decisión do actual Goberno municipal de “concentrar o groso do investimento municipal en grandes actuacións no centro, mentres os barrios e as parroquias están completamente abandonadas”.
“É indefendíbel que mentres se van gastar 15 millóns de euros nun ascensor de StarTrek [en alusión ao HALO] haxa inda moitos camiños sen beirarrúas, moitas zonas da cidade case sen servizos municipais, ou que se tarde case 4 anos en reparar un muro no Freixeiro e que a inmensa maioría dos anuncios acaben en promesas incumpridas”, cuestionou, lembrando que neste mandato o Goberno municipal deixou sen executar 436 millóns de euros do orzamento do Concello. “Cantas necesidades dos barrios e parroquias se podían ter atendido mobilizando eses recursos?”, interpelou.
Co obxectivo de “impedir que ningún Goberno poida volver someter ao abandono o conxunto da cidade”, Igrexas defendeu a necesidade dunha maior participación e codecisión veciñal. Neste sentido, trasladou as principais propostas da fronte nacionalista, entre as que salientou a necesidade dun novo Regulamento de Participación Cidadá, que “blinde o dereito da veciñanza a ser escoitada”.
A creación dos Consellos Veciñais de Barrios e Parroquias, como instrumento para a descentralización administrativa do Concello e como espazo para a participación directa do tecido asociativo e da veciñanza na toma de decisións, é outra das medidas que o BNG impulsará nos próximos 4 anos. “Queremos que sexan os propios barrios e parroquias quen decidan as actuacións do Concello nos seus ámbitos poñendo fin a política caprichosa do ‘aquí mando yo’ e a xordeira autoritaria destes anos”, explicou. Estes Consellos terían como función, entre outros, a definición dos investimentos dentro dun modelo de orzamentos participativos que impida que haxa zonas da cidade onde hai “moitos, demasiados anos, que o Concello non inviste nada”.
Igrexas valorou a “enorme achega” que fai o movemento veciñal na cidade. “Sodes o Concello alí onde o Concello non chega ou non quere chegar”, resumiu. Emporiso, trasladoulles a vontade do BNG de brindar un maior apoio desde o Concello ao tecido asociativo veciñal, respectando a súa total independencia e pluralidade, fronte ao “brutal caciqueo que a golpe de extorsións e chantaxes políticas tentou amordazar a aquelas entidades que se atreven a reivindicar melloras para os seus barrios”.
“Se algo aprendín nos máis de 12 anos que participei activamente do asociacionismo veciñal foi a escoitar e, sobre todo, a escoitar a quen pensa diferente. Aprendín que a cidade faise desde abaixo, a pé de rúa, desde os barrios, entre todas e todos. Esas leccións son fundamentais para abrir o tempo novo que merece Vigo”, remachou o candidato nacionalista expresando o seu orgullo por ter sido parte do movemento veciñal.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL