Cunha sesión grupal de mentoría que abordou a industria musical e a imaxe persoal e artística, as oito mozas participantes da terceira edición do programa “Descúbreas”, promovido pola Deputación e Regalamúsica, iniciaron esta fin de semana o proceso para impulsar as súas carreiras profesionais, que culminará coa gravación de cadanseu tema e videoclip para lanzar nas principais plataformas de streaming e venda en liña. A sede da institución provincial en Vigo acolleu esta xornada impartida pola deseñadora Andy González e o equipo de “Descúbreas”, e na que a presidenta provincial, Carmela Silva, animou ás mozas seleccionadas a desfrutar ao máximo desta experiencia formativa e de asesoramento “que vai marcar de xeito moi importante os seus primeiros pasos na industria musical”.
As 8 músicas de entre 16 e 35 anos que foron seleccionadas nesta edición son Lidia Barreiro Aldao (do concello de Barro), Arancha Rodríguez González (Pontevedra), Sara Mínguez López (Vigo), Alba Ermida Area (Poio), Lucía García Giráldez (Nigrán), Andrea Garriga Martínez (Vigo), Nerea Gándara Prado (Nigrán) e Laura Marino Vega (Ponteareas). Carmela Silva alentounas a “espremer ao máximo” ao equipo de mentoras, “todas con magníficas traxectorias que falan moito da revolución que están a protagonizar as mulleres en todos os eidos da cultura”.
“Descúbreas está creando xa unha nova xeración de músicas emerxentes cheas de talento e que están a amosar unha enorme creatividade en distintos e moi variados estilos, sempre co apoio doutras mulleres referentes –explicou a presidenta-. E é que o noso obxectivo con este programa non é outro que conseguir que as mulleres accedan de xeito igualitario á industria musical, onde aínda teñen que lidar cunha fenda de xénero moi acusada”. A presidenta subliñou que “contaredes con ampla formación e asesoramento para que teñades ese empurrón necesario á hora de construír unha carreira na música”. E engadiu que tamén contribuirá “á difusión do voso traballo a través desta plataforma que segue enchéndose de contidos para falar do bo facer das mulleres neste eido en Galicia”.
Na sesión que marcou o arranque das mentorías, Andy González abordou a relevancia da imaxe persoal na carreira artística e ofreceu ás participantes un primeiro achegamento sobre a importancia de manter unha coherencia entre a estética e as propostas musicais e audiovisuais. A xornada completouse coa intervención de representantes do equipo de “Descúbreas”, que lles deron ás participantes as primeiras claves sobre o funcionamento do mundo da industria musical.
Con estas mentorías, as mozas recibirán o asesoramento de mulleres referentes do sector en Galicia e formación musical transversal a través de distintos obradoiros. Así, as sesións grupais terán a súa continuación o vindeiro 6 de maio con outra xornada sobre igualdade, impartida pola politóloga Priscila Retamozo e o equipo de Descúbreas. O resto das mentorías serán individualizadas e amais das citadas profesionais, contarán co apoio de María Pérez (MaríaSOA), unha das integrantes do grupo Fillas de Cassandra, que se incorpora ao equipo e impartirá un taller de composición; Salomé Limón produtora musical gañadora de 5 premios Latin Grammy, que abordará a produción musical, ademais de ofrecer un relatorio sobre Traballos no eido da gravación musical; Raquel Seijo, directora de Sweet Nocturna, que impartirá un taller de organización de festivais; Wöyza, cantante e produtora, que levará a cabo o obradoiro "Súbete ao escenario" e coordinará ás mentorizadas nas súas gravacións e Patricia Hermida, directora de Dotbeat e presidenta de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), encargada das sesións sobre dirección e promoción e que tamén ofrecerá un taller sobre a industria musical.
Por outra banda, o día 29 de abril terá lugar na sede de Vigo un obradoiro de composición musical a cargo de María Pérez (música popular) e Wöyza (música urbana), no que amais das mozas mentorizadas tamén estará aberto á cidadanía. E, no marco do programa, iranse publicando na web de “Descúbreas” novas entrevistas a diferentes mulleres artistas e profesionais que quixeron aportar a súa visión do sector: a pianista, docente e directora do Festival IKFEM Andrea González; Carla Lourdes, artista e compositora; Antía Caride, Anabel Abalde e Tamara Casal, integrantes do Trío Girls Gang; Pilar Dafonte, cantante de Voice Eternal e Prima Nocte; Sabela Cereijo, cantante, docente e compositora; Patty Castro, periodista e promotora do Galaecia Metal Fest e Mulleres Galegas Kañeras; María José Pámpano, música, docente e mánager; Belem Tajes, artista e compositora e Yamini Teresa Prabhu e Laura Lorenzo, compositoras e integrantes de Samudra Trío.
Nesta terceira edición de “Descúbreas” as participantes contarán cunha banda de apoio formada por músicas profesionais nas súas actuacións. Trátase dun colectivo formado por numerosas artistas implicadas coa loita feminista e o proxecto de “Descúbreas”. Na gala de presentación do programa xa participaron Ana Lucía, baixista de Agoraphobia; a guitarrista Laura Solla, a pianista Lidia Aldao e a batería Marina Acuña.
Entre as iniciativas que se levarán a cabo nos vindeiros meses, figura a realización dun novo audiovisual colaborativo coas escolas de música da provincia e outros vídeos-resumo en inglés. A plataforma seguirá a actualizar o seu directorio de mulleres profesionais e a ofrecer vídeo-titoriais, amais de distribuír unha newsletter semanal, que incorporou a sección ‘Domingo con elas’, con información sobre un contido musical ou transversal de artes e disciplinas como a escrita, o cine ou a fotografía. Tamén se prestará o servizo de consultoría en liña para dar resposta ás inquedanzas das estudantes de música e está prevista a xornada networking ‘Universo laboral’, con empresas e profesionais do sector, así como a promoción en feiras e foros a nivel estatal e internacional.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL