Tiro de saída a unha nova edición do programa cultural “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra, que espallará a música de cámara ata o 10 de setembro por toda a provincia. A estrea do programa non poido ter mellor escenario que o Templo Votivo de Nigrán, en Panxón, que viviu unha noite máxica co concerto da formación Ars Sacra Ensemble, que encandilou ao numeroso público entre o que se atopaban o alcalde Juan González e a deputada provincial Ana Mejías.
O espectáculo que ofreceu a formación Ars Sacra Ensemble baseouse na interpretación dun ‘Stabat Mater’. Trátase dun dos poemas relixiosos máis musicados ao longo da historia da música, e nel nárrase o sufrimento de María, nai de Xesús, durante a crucifixión. Grazas á súa conversión en peza musical, a música acompaña e expande, de maneira maxistral, a crueza dun momento clave na historia da humanidade. Ars Sacra Ensemble é unha formación que naceu do puro pracer de reencontrarse para facer música. Todas as persoas integrantes deste grupo son galegas e, antes de coincidir de novo en Galicia, fixérono nalgún momento na cidade portuguesa do Porto. Este conxunto está composto por Débora Valuja (clavecinista, de Poio), Fernando Santiago (cello, de Bueu), Sonia Bouzada (mezzosoprano pontevedresa) e Rosana Domínguez (soprano, de Meaño) e a súa especialidade é a interpretación de música sacra antiga.
A programación de “Música no Ar” está composta este ano por 15 concertos de música clásica e de cámara en importantes espazos patrimoniais da provincia como museos, igrexas, bens do patrimonio industrial, castelos, pazos ou fortalezas, de concellos de menos de 20.000 habitantes. Serán en total 15 formacións, desde dúos ata cuartetos, con repertorios que versan entre o clásico e o contemporáneo, con música instrumental e voz pero tamén propostas que inclúen danza e silencio. Trala estrea en Nigrán o programa continúa entre maio e setembro en Vila de Cruces, Vilaboa, Cuntis, Soutomaior, Mos, Salceda de Caselas, Ribadumia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Bueu, Crecente, Forcarei, Salvaterra e A Cañiza. O calendario completo pódese consultar no sitio web da Deputación. Todos os concertos teñen acceso libre ata completar a capacidade do recinto, agás os dos Castelos de Soutomaior e Sobroso e mais o do Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia), que requiren inscrición previa no correo electrónico participa.cultura@depo.gal.
Este ano, ademais, co obxectivo de promover e garantir a democratización e o acceso igualitario á cultura, a institución pon en marcha un proxecto piloto nalgunhas das citas musicais do programa para permitir que as persoas con dificultades auditivas tamén poidan participar e facer este proxecto máis inclusivo e accesible. O proxecto piloto consiste na dotación de mochilas con tecnoloxía inalámbrica que transmitirán vibracións graves e subgraves dos sons que reciben, permitindo a estas persoas vivir a experiencia dun concerto de música clásica en directo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL