Os Orzamentos 2023 da Deputación xa están aprobados inicialmente. Un total de 181,63 millóns de euros que constitúen a maior previsión orzamentaria da historia da Administración provincial e que conforman, en palabras do deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, “un Orzamento expansivo, no que os concellos están no centro, transparente, igualitario e deseñado para garantir dereitos e servizos a tódalas persoas vivan onde vivan”. As Contas saíron adiante cos votos do Goberno provincial (PSdeG-PSOE e o BNG) e a negativa do PP. Os populares viron rexeitada a súa emenda de devolución.
O Goberno provincial cifra en 69 millóns de euros o volume total de recursos que repercutirán directamente sobre os municipios, produto da suma dos 44 millóns de euros do Plan Concellos 2023 e os case 25 millóns que chegarán a través das iniciativas e programas dos distintos servizos provinciais. Igualdade e Reto Demográfico serán os eixes centrais das contas, mentras a Deputación está traballando xa para captar ata 28,9 millóns de fondos europeos Next Generation ao longo do próximo ano, “polo que as cifras finais de transferencias e recursos que acabarán incidindo directamente sobre o territorio, e por tanto sobre os concellos, se disparará”.
O Goberno da Deputación insiste tamén en comparar o modelo de Pontevedra co da Deputación de Ourense, a única gobernada polo PP en Galicia. Font detallou que mentres na de Pontevedra se transfire un 33,7%, en Ourense "non pasan dun 0,03%". E mentres o Plan Concellos alcanza os 44 millóns de euros (un millón máis que o ano pasado) en Ourense "o Plan de Cooperación está conxelado en 4,7 millóns de euros".
O deputado botou man dos datos históricos para recordar que no ano 2014, cando gobernaba o PP, a Deputación de Pontevedra aprobou cos Orzamentos iniciais unhas transferencias de 9,7 millóns, mentres con este novo Orzamento alcanzan os 60 millóns. “Se o municipalismo nesta provincia non ten hoxe nada que ver, foi gracias aos orzamentos que foi aprobando esta Deputación. E se nos comparamos coa Deputación de Ourense é porque se o PP volve gobernar aquí algún día gobernarían como en Ourense", argumentou o deputado socialista.
Pola súa parte, o vicepresidente, César Mosquera, do BNG, coincidiu na "perplexidade" de que se critique polas transferencias á Deputación "que máis transfire en España e que ademais transfire dun xeito previsible”. Finalmente, engadiu que sería “prexudicar moi seriamente aos concellos” devolver os Orzamentos como solicitou o PP.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL