A volta á presencialidade do foro “As mulleres que opinan son perigosas” será os días 10 e 11 de xuño no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Esta quinta edición do encontro, financiado pola a Deputación e o Concello de Pontevedra, retransmitirase tamén en streaming e contará coa presenza de 18 mulleres xornalistas converténdose así na edición con maior número de convidadas. O público poderá intercambiar impresións con elas nun punto de encontro que se situará no hall do edificio. O destacado elenco de relatoras do xornalismo español e galego está integrado por Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Joana Bonet, Margaryta Yakovenko, María Varela, Inma López Silva, Diana López, Ángeles Caballero, Marta García Aller, Fernanda Tabarés, Almudena Sánchez, Luz Sánchez Mellado, Estefanía Molina, Carolina Sertal, Marta Otero e María Piñeiro. O encontro presentouse no Salón de Plenos da Deputación nun acto no que estiveron presentes Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Victoria Alonso, deputada de Igualdade e Cultura; e Susana Pedreira e Diana López Varela, xornalistas e promotoras deste foro.
Carmela Silva animou a toda a cidadanía a desfrutar desta nova edición das “Mulleres que opinan” no que “imos a aprender moito e a reflexionar. É unha das ideas máis fermosas que se están a desenvolver en Galicia e en todo o Estado”. Este encontro, afirmou a presidenta provincial, pon de manifesto “a capacidade para sumar sinerxías e crear redes de mulleres que reclaman o seu espazo” e deu as gracias ás organizadoras do evento do que “parece imposible superar a edición anterior e sempre se supera”. Ademais, puxo en valor que neste encontro participen “mulleres con pensamentos diversos, posicionamentos ideolóxicos diferentes e unha mirada propia ante o mundo xa que iso é a sociedade, o poder debater dende todas as miradas e -engadiu- neste caso hai unha mirada violeta de mulleres que analizan o mundo e opinan sobre el”. Para Carmela Silva a programación deste ano é “insuperable” xa que trataranse temas tan relevantes como a saúde mental, a posición das mulleres no mundo do deporte, a visión das mulleres da situación política ou a importancia do xornalismo.
Susana Pedreira referiuse a esta nova edición de “As mulleres que opinan son perigosas” como “a edición do reencontro” tras os dous anos nos que tivo que realizarse en formato online por mor da pandemia. Este ano, relatou, “son 11 as mulleres que se suman por primeira vez á nosa familia de mulleres que opinan e 7 as que repiten. Consideramos que era necesario romper a norma de non repetir convidadas porque despois de dúas edicións online nesitabamos reencontrarnos”. Trátase de 5 xornalistas que participaron na primeira edición e que volven 4 anos e unha pandemia despois e que “levarán ao escenario” as reflexións do libro que se presentou en marzo a raíz destas conversas. Con elas unha sexta compañeira que participou online. Susana Pedreira subliñou que con este novo cartel xa son 62 as profesionais da comunicación que forman parte do foro algo que evidencia que “hai moitas mulleres en Galicia e no conxunto do estado que fan bo xornalismo”. Baixo esta premisa animou “ás persoas organizadoras de congresos e foros de opinión e xornalismo a que consulten os nosos carteis e programas para non volver a dicir que non atopan mulleres cando programan os paneis de congresos nacionais”.
Pola súa banda, Diana López invitou “á xente de Pontevedra, Galicia e de calquera sitio a vir a esta edición presencial” na que, anunciou, haberá “un punto de seguimento no hall do museo cunha pantalla para poder escoitar ás convidadas en caso de que se complete o aforo”. Este espazo servirá tamén para encontrarse coas invitadas a través da mesa da librería Cronopios, na que se poderán adquirir os seus libros, mesmo asinados.
Aconséllase inscribirse de xeito previo para que todas as persoas que desexen acudir ao foro teñan garantida a súa praza. As inscricións poden realizarse nos sitios web da Deputación e do Concello de Pontevedra. Tódalas persoas que realicen a súa inscrición recibirán como agasallo o libro “Mulleres que opinan. Catro anos e unha pandemia”, que está a suscitar un gran interese.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL