O Porriño segue a ser a capital do running e así o demostrará este domingo coa volta dunha das clásicas tanto do circuíto galego como do nacional, “O Porriño 10K”. A proba, organizada polo Concello do Porriño e o Atletismo Porriño, foi presentada hoxe polo alcalde, Alejandro Lorenzo, a presidenta do club Atletismo Porriño, Patricia Estévez, e o tesoureiro e coordinador da proba, Pablo Soto.
A 10K porriñesa é unha experiencia que todos os amantes do running deben probar e, nesta edición, ademais vén cargada de solidariedade e responsabilidade ambiental. E é que, tal e como explicou a presidenta do club “queriamos innovar un pouco e contribuír a un mundo máis sostible e por iso acordamos non facer a publicidade en papel e utilizar no seu lugar as redes sociais. Canto menos papel impreso mellor”.
Estévez, quixo agradecer a súa contribución “a todos os participantes, colaboradores e patrocinadores, aos pais e nais que traen aos seus nenos e, especialmente, aos voluntarios e voluntarias do Atletismo Porriño que se volcaron na organización da proba”.
Pola súa banda, o coordinador da 10K, Pablo Soto, extendeu o agradecemento “ao concello do Porriño por todas as facilidades que deu na organización da carreira dende o primeiro momento, en especial a Abel, concelleiro de Deportes, e Alejandro, e tamén a Outlet Sport, onde o sábado será a entrega de dorsais , e ao resto de patrocinadores“.
Soto, concluíu animando a todos os participantes a contribuír cos que máis o necesitan “entregando alimentos non perecedoiros ao recoller o dorsal”. Unha axuda que a organización poñerá a disposición do banco municipal de alimentos, SOS Porriño.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer ao Atletismo a “ilusión e ganas que poñen na organización da proba” e “que permitirá que de novo disfrutemos este domingo dun evento tan especial como a 10K, que demostrará unha vez máis que somos o Concello do Deporte. E o somos, sen dúbida, grazas aos nosos clubs deportivos”.
A partir das 10 horas comezan as carreiras das categorías de menores, comezando polos Benxamíns, seguidos dos Alevíns ás 10:10 h e os Infantís e Cadetes ás 10:20 horas. A carreira na súa modalidade absoluta –de 5 e 10 kilómetros- ten programada a súa saída ás 11 h. Esta é a proba de maior atractivo para os corredores e o elevado número de inscritos así o pon de manifesto. Serán 1.400 atletas chegados de toda a xeografía galega os que probarán a mellorar a súa marca persoal no circuíto porriñés.
O broche final de ouro á proba o poñerán os runners máis pequenos. Ás 12:15 h darase a saída para a categoría Chupetes (nados a partir do 2018) e ás 12:20 o farán os pitufos (nados dende 2015 a 2017). “Cabe destacar que estas categorías non precisan de inscrición previa pero, por suposto, como cada ano terán a oportunidade de disputar a súa OP 10K”, concluíu a presidenta do Atletismo Porriño.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL