Miles de persoas manifestáronse este domingo en Santiago de Compostela contra a alza dos prezos nunha concentración convocada polo BNG e na que participaron diferentes colectivos afectados pola subida como transportistas, pensionistas, mariñeiros ou gandeiros.
Con proclamas como 'Galicia non atura a suba da factura', 'non faltan cartos, sobran chourizos' ou 'o pobo galego en pé', os manifestantes saíron da compostelá praza do 8 de marzo guiados por un transportista, e finalizaron a marcha na Praza da Quintana, onde interviñeron os representantes dos diferentes colectivos.
Na manifestación tamén participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que ademais de clausurar as intervencións na Quintana, atendeu aos medios antes de arrincar a marcha. Segundo explicou, coa manifestación buscan "unha saída xusta á crise, facendo valer os dereitos dos galegos".
"Reclamamos valentía por parte dos Gobernos para evitar un novo empobrecimiento da poboación. Estamos ante unha escala inflacionista con cifras que non lembrabamos en 40 anos. E nesta conxuntura non vemos que os gobernos tomen medidas estruturais. As minorías seguen gañando e perden as maiorías sociais. Queremos cambiar esa situación", defendeu.
Pontón asegurou que unha das causas da inflación, "que afoga á sociedade", é a subida dos prezos enerxéticos e da luz, "unha estafa legalizada", que non se debe unicamente á invasión de Ucraína. Ante esto, solicitou "cambiar o modelo enerxético". "Hai que ir máis aló, os galegos témonos que beneficiar da enerxía, da riqueza eléctrica do país, a través dunha tarifa eléctrica galega", demandou. "A espiral inflacionista non se para con parches, necesitamos medidas estruturais", comentou.
Nesta liña, tamén pediu acabar cos beneficios caídos do ceo e insistiu na necesidade dunha empresa pública galega de enerxía, así como novos impostos ás eléctricas para que "contribúan a mitigar os efectos da crise".
"Creo que o modelo debe ser unha fiscalidade xusta, na que os que máis teñen, paguen máis. As eléctricas están a forrarse con esta crise á conta dun marco enerxético que está feito para grandes lobbies", defendeu, á vez que criticou que "mentres isto ocorre, as electrointensivas galegas estean nunha situación crítica".
A portavoz nacional tamén se referiu a Núñez Feijóo e lamentou que "nunha situación como a actual o Goberno galego estea desaparecido". "As medidas da Xunta non podemos cualificalas como boas ou malas, senón simplemente como inexistentes; fume e propaganda", censurou.
A este respecto, sinalou que Galicia necesita un Goberno que "se poña á fronte", que "lidere" nun momento de cambio e non un Executivo "paralizado". "Feijóo colleu a alfombra vermella da corrupción para facer realidade os seus soños e aspiracións persoais, pero a política non está para cumprir aspiracións persoais de políticos, senón para dar solucións ás maiorías. E neste momento en Galicia hai un Goberno que non dá solucións, que está paralizado polas leas internas do PP".
En canto á sucesión do presidente da Xunta, Pontón mostrouse "segura" de que o próximo líder do Executivo autonómico, "non o escollerán os galegos, senón un dedazo de Feijóo". "Haberá continuísmo cando Galicia necesita cambio. O PP é pasado, é un lastre, e o BNG é o futuro, unha nova oportunidade para o país", afirmou.
Entre os intervinientes ao finalizar a manifestación estivo Concha, unha gandeira de Friol cunha explotación vacúa que lamentou que "a pesar de ser a primeira potencia de España, o sector atópese nunha situación límite que ameaza a súa viabilidade en Galicia", en parte pola subida de prezos e pola súa repercusión noutros custos asociados.
Manolo Presas, mariñeiro de cerco de Sada, expresouse na mesma liña e asegurou que a subida "espectacular" do prezo de gasoil fai "inviable" saír a pescar. Ademais, sinalou que as axudas do Goberno son "un parche" que non "chega a nada". "Quero vivir dignamente do meu traballo, non de subvencións e axudas", aseverou, após o que se referiu ás cotas de pesca, "que asfixian ás frotas desde fai seis anos".
O transportista que abriu a manifestación, Xosé Rodríguez, de Narón, preguntouse, respecto dos prezos dos carburantes, "como podemos pagar a gasolina máis cara tendo unha refinaría en Coruña", e lamentou ademais que el e os seus compañeiros pasasen de "heroes a viláns" desde a pandemia a hoxe en día.
Para abordar o futuro dos máis novos participou Iria González, estudante de Educación, que defendeu o dereito das novas xeracións a "vivir e non só sobrevivir" con salarios dignos que lles permitan independizarse e non lles obriguen a deixar o seu país.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL