O Entroido (ou os entroidos) da Área Metropolitana de Vigo comeza en Tomiño co seu xa tradicional “Venres de Foliada”. Se algo ten de particular a nosa área é a versatilidade que nos permitirá desfrutar cada día de Entroido nun concello diferente, desfrutando de tradicións, festas e verbenas que nada teñen que envexar aos recoñecidos festexos do sur ourensán.
Como cada ano, dende fai xa vinte e un, o “Venres de Foliada” será o día no que se inaugure o Entroido na nosa contorna. Un desfile único polas rúas de Tomiño que acollerá a más de 1.500 participantes e outros tantos asistentes nun concello de 13.000 habitantes. Para a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, o desfile é un reclamo ao que cada vez acode máis xente “interesada en participar nunha actividade de lecer pero que serve tamén para dinamizar a economía e a hostalería local, con máis dun millar de persoas que veñen dende moitos puntos da provincia para desfrutar do noso ‘Venres de foliada’”.
Así foi o vernres de foliada!!! #jaquemate #orgullososdonoso #rshow #venresdefoliada pic.twitter.com/mxtIdy6rtq
— Revolucion show (@revolucionshow) 06 febreiro 2016
Que poderán ver os que aínda non coñezan este desfile? O Venres de Foliada xuntará a un total de 20 agrupacións de todos os puntos da provincia: Ponteareas, Mos, Salceda de Caselas, Vigo, Gondomar, Tui, Nigrán, Marín e Pontevedra, ademais claro de cinco de Tomiño (Revolución Show, Asociación Comparsa Luces de Tomiño, Comparsa Estrelas da Noite, Asociación Cultural Ciklón e Festa do Árbol).
O desfile deste venres equipárase a algúns dos máis destacados da zona, con até trece das agrupacións sumando máis de 81 membros. Outras cinco contan con máis de medio centenar namentres que as mais cativas suman en torno a 40 participantes.
O desfile de comparsas do Venres de Foliada arrancará ás 21:30 horas do venres, 9 de febreiro. A saída situarase un ano máis no colexio Pedro Caselles e a orde de participación das comparsas será por rigoroso orde de chegada ao lugar onde comeza o desfile. En caso de choiva, o evento trasladarase ao venres 16 de febreiro á mesma hora.
Dende o operativo de seguridade pídese a máxima colaboración cidadá ao tempo que eles traballarán para que o evento ocasiones o menor trastorno posible a todos os veciños e veciñas da zona do desfile. Para resolver dúbidas ou máis información, a cidadanía pode poñerse en contacto coa policía local a través dos teléfonos habilitados: 986 622 006 ou 616 974 455.
Pode interesarche: Por que o Entroido de Goián é especial?
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL