A historia do ponteareán Alejandro Viana ben podía ser a do Schindler galego. Na Europa ocupada polos nazis e perseguido pola Gestapo e a Falange foi quen de sacar a miles de refuxiados españois a América e salvar así as súas vidas. A súa historia será presentada polo seu sobriño-bisneto e concelleiro de Ponteareas, Roberto Mera, en forma de libro este sábado ás 20:30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima á veciñanza “a asistir a esta presentación para coñecer a historia dun ponteareán de película”, e a mercar un libro, publicado pola editorial Belagua Ediciones, no que, en palabras do autor, se relatan “as vivencias do meu tío-bisavó na Guerra Civil, o seu labor humanitario en Francia cos refuxiados e a organización da súa evacuación en barcos a América, as súas vicisitudes para eludir á Gestapo e á Falange trala ocupación nazi e a súa odisea de once meses polo continente africano para chegar a México”, destaca Mera.
A presentación ten entrada de balde ata completar afora e, ademais de Roberto Mera e Fernando Groba, tamén asistirán a avogada e escritora, Isabel Blanco, e a editora, Edurne Baines. Alejandro Viana foi deputado republicano de esquerdas. Despois da Guerra Civil, no exilio, dirixiu varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, nas que organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.
Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra. Morreu en México no 1952.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL